Obradoiro de Creación de postais de Nadal
- 358 Views
- mnovas
- 3 Decembro, 2025
- Actividades

O mércores 10 de decembro organizaremos un obradoiro de creación de postais de Nadal. Será no comedor do colexio, de 17:30 a 19:00.
Ven coa túa familia e goza dun momento creativo aprendendo sobre esta bonita tradición do Nadal! Proporcionaremos todo o material necesario.
Prégase confirmar asistencia enviando un correo electrónico a: directiva@anpariolerez.es
As familias socias da ANPA terán prioridade á hora de obter unha praza no obradoiro, se se completa o aforo.
Últimas Novas







