Inscrición nas actividades extra escolares para o Curso 26-27
- 2545 Views
- mnovas
- 14 Setembro, 2026
- Actividades Actividades Extraescolares
ACTUALIZACIÓNS (28/09):
- O prazo para presentar solicitudes a Educaocio e Exodega remata hoxe, luns 28 de setembro.
- O prazo para presentar solicitudes a Patinaxe en liña – Club FSV ampliouse ata o martes 29 de setembro.
- As actividades de Educaocio que cubriron os mínimos de inscricións e polo tanto sairán este curso (confirmaremos despois do luns 28) son:
🎨 Pintura
🎭 Teatro
🪩 Baile Moderno
🏃 Multideporte
🤸 Ximnasia Rítmica
👨🍳 Cociña
As seguintes actividades inda necesitan algunhas inscricións máis para confirmarse:
🛼 Patinaxe
🌐 Inglés Lúdico
🥋 Taekwondo
- Con respecto ás actividades que oferta Exodega, sairán 🎪 Circo e 🤸 Parkour.
- O grupo de Primaria de PlayCode Academy tamén ten asegurada a súa actividade.
- O club de Patinaxe en Liña FSV confirma o grupo dos mércores. Se tamén queredes asistir os luns (ou só os luns), contactade co club (663 500 983).
Deixámosvos nesta entrada as instrucións para facer as vosas inscricións nas actividades extra escolares de cada empresa/club deportivo para o curso 2026-2027.
Lembramos que todas estas actividades extraescolares son exclusivas para o alumnado socio do ANPA e que, no caso daquelas que se desenvolvan dentro das instalacións do colexio, requírese abonar a participación no seguro de actividades, unha vez confirmado o inicio das extraescolares. Engadiremos información sobre cómo pagar o seguro de actividades o luns 28 de setembro, cando confirmemos as actividades que saen este curso.
Recomendámosvos que comentedes nos vosos grupos de WhatsApp de cada clase que actividades vos interesan; adoita pasar que peques da mesma clase apúntanse a unha mesma actividade e conséguense sacar grupos con maior facilidade.
O luns 28 de setembro informaremos das actividades que cobren o número mínimo de prazas e polo tanto saen definitivamente. Nos seguintes dous días haberá un tempo para facer os cambios necesarios e escoller outras actividades cando sexa posible, se as primeiras opcións non sairon.
As actividades comezarán no mes de outubro. Todas se desenrolarán nas instalacións do colexio, salvo que se especifique o contrario nas súas instrucións.
Podedes ver o calendario previsto nesta ligazón ( https://shorturl.at/eRWuU ) ou nesta imaxe:

EDUCAOCIO
Contacto: 622 522 709 – educaocioanimacion@hotmail.es
Inscrición: Mediante e-mail – ATENCIÓN: PRAZO AMPLIADO: – Ata o 28/09
Enviade un correo electrónico a educaocioanimacion@hotmail.es cos vosos datos de contacto (teléfono e dirección de correo electrónico) e a seguinte información por cada nen@:
Nome:
Curso: (p. ex. 4º de Infantil, 2º de Primaria)
Actividades elexidas:
Actividades:
Podedes consultar as actividades ofertadas nas seguintes ligazóns:
Actividades_Educaocio_1
Actividades_Educaocio_2
A partir do luns 28, unha vez que se confirmen os grupos e que saian as actividades (informarémosvos mediante Abalar, email e Telegram), haberá que enviar outro correo electrónico á mesma dirección, achegando os seguintes documentos cubertos (enviarávolos Educaocio, pero tamén podedes solicitalos á ANPA):
– Inscrición domiciliación bancaria
– Autorización familiar
– Só para COCIÑA: Autorización alerxias
IMPORTANTE: Comunicádevos directamente con Educacio para todo o relacionado coa inscrición nas súas actividades e a información sobre pagos, altas/baixas e cambios de actividade. A ANPA non ten acceso a estes datos. Grazas.
EXODEGA
Contacto: exodega@gmail.com – 645 820 009
Web: https://exodega.es/
Inscrición:
Mediante app: TokApp School co código de centro: LEREZ26 (ver dossier adxunto) – ATENCIÓN: PRAZO AMPLIADO: Ata o 28/09
https://tokappschool.com/ – info@tokapp.com
Actividades:
🎪 Circo – Infantil e Primaria – Luns 16:30 – 17:30 – 17 €/mes
🏛 Arquitech Game – Primaria – Luns 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
🔬 Funny Science – Primaria – Martes 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
🛹 Skate – Primaria – Martes 16:30 – 17:30 – 17 €/mes
🍂 Little Explorers – Infantil e Primaria – Mércores 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
🎸 Guitarra – Infantil e Primaria – Mércores 16:30 – 17:30 – 17 €/mes
👾 Deseño de videoxogos – Primaria – Xoves 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
🤸 Parkour – Infantil e Primaria – Xoves 16:30 – 17:30 – 17 €/mes
PLAYCODE ACADEMY – (Robótica, programación, drons, impresión 3D, etc.)
Contacto: 633 232 386 – info@playcodeacademy.com
Web: http://playcodeacademy.com
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=tbAjVcYFvks
Inscrición:
En liña, mediante a seguinte ligazón – Ata o 28/09
https://drive.google.com/file/d/1ARDQnr60Mcj9NHi46LMhXuL8tjNjQcRs/view
Actividades:
1) Programación e Robótica – Infantil – Xoves 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
2) Programación e Robótica – Primaria – Mércores 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
BALONMANO – SOCIEDAD DEPORTIVA TEUCRO
Contacto: sdteucro@teucro.es – 699 209 448
Web: www.teucro.es
Inscrición: Mediante e-mail – Ata o 30/09
Enviar correo electrónico a sdteucro@teucro.es confirmando inscripción de alumn@ do Manuel Vidal Portela, incluíndo datos de contacto e idade d@ peque.
Monitor/a: Entrenador/a titulado/a do club SD Teucro.
Actividade:
* Balonmano – 3º a 6º de Primaria – Mércores 16:30 – 17:30 – 10 €/mes
* Se houbese suficiente demanda, poderíase formar un grupo separado para 1º e 2º de Primaria.
Consistirá no ensino e práctica do balonmán nas instalacións do colexio, orientado á iniciación, o desenvolvemento físico, a coordinación e o traballo en equipo, mediante adestramentos dinámicos e adaptados á idade. O alumnado aprenderá valores como o compañeirismo, a disciplina e o respecto mentres desfrutan do deporte de forma divertida e educativa.
Actividades complementarias:
Día extras (venres) voluntarios para participantes na actividade, no Pavillón Multiusos da Xunqueira, en formato liga interescolar, realizando partidos de minibalonmano.
PATINAXE EN LIÑA – CLUB FSV (Freestyle Slalom Vigo)
Contacto: 663 500 983 – patinajefsv@gmail.com
Web: www.clubfsv.es
Inscrición:
En liña, mediante a seguinte ligazón – Ata o 29/09
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe01SxDe7ZJM4wTgLABqAvS-gFfVnGVsQUcJKn9B0TNpNiSQg/viewform
Actividade:
* Patinaxe en liña – Iniciación e Perfeccionamento – Infantil e Primaria
- Luns – 17:00 – 18:00
- Mércores – 16:30 – 17:30
17 €/mes por un día ou 25 €/mes por dos días á semana
ATLETISMO – SOCIEDAD GIMNÁSTICA DE PONTEVEDRA
Contacto: 685 542 802 – info@sgpontevedra.com
Web: www.sgpontevedra.com
Inscrición: Mediante app: Cluber co código de centro: CEIP Vidal Portela AMPA (ver dossier adxunto)
Grupos:
* 6º Infantil e 1º Primaria: Instalacións do colexio – Luns e Mércores 16:30-17:30 – 17 €/mes
* 2º e 3º Primaria – Pista do CTGD – Luns e Mércores 16:30-17:30 – 19 €/mes
* 4º, 5º e 6º Primaria – Pista do CTGD – Martes e Xoves 17:30-18:45 – 19 €/mes





