Festa de Fin de Curso 2026
A ANPA Río Lérez organiza este xoves 18 de xuño a súa Festa de Fin de Curso no CEIP Manuel Vidal Portela de Pontevedra.
Será unha tarde chea de auga, diversión e sorpresas para a rapazada, un día antes de despedir o curso 2025-26, e, no caso dos alumnos de 6º de Educación Primaria, despedirse tamén da escola que acolleulles durante anos.
Horario:
Abriremos a porta da rúa Cruz Vermella ás 17:45, cando poderedes comezar a gozar dos imprescindibles inchables de auga.
Tamén abriremos sobre esa hora o taller de arxila de cores, unha oportunidade para @s máis pequeniñ@s para divertirse creando personaxes que logo poderán levar a casa. Esta arxila para modelar non contén glute, non mancha e sécase por completo ao aire en aproximadamente 24 horas. Unha vez seca, pódese pintar para engadir detalles.
Durante toda a festa, as familias de 5º de E.P. ofrecerán merendas e bebidas para recadar fondos para a excursión do alumnado de 6º do curso que vén. Colaboremos refrescándonos para que poidan empezar con bo pé a súa recadación!
Sobre as 19:45 chegará a quenda da festa da escuma, un momento tan refrescante como divertido para a rapazada.
Entrada:
A entrada realizarase exclusivamente pola porta do colexio sita na rúa Cruz Vermella.
Todas as familias socias da ANPA e os seus familiares entran de balde (presentando o carné correspondente), mentres que os non-socios deberán aboar 8 € por neno/a (@s adult@s acompañantes non pagan entrada en ningún caso).
Importante!
– A rapazada debe traer bañador, toalla e chanclas para poder gozar das atraccións acuáticas. Se queren cambiarse en calquera momento, recomendamos que o fagan no ximnasio.
– Inda que a escuma que se usa é hipoalerxénica e non encharca a roupa, recomendamos traer tamén unha muda para despois da festa da escuma.
– Cada nen@, independentemente da súa idade, debe estar supervisad@ por unha persoa adulta responsable durante toda a duración da festa.






