Pais Colaboradores

Neste novo curso, constituíse unha nova Directiva dentro da ANPA, pero como se comentou nas distintas reunións levadas a cabo no que vai de curso, a chave para o bo funcionamento desta institución está na colaboración de todos os soci@s da mesma.

Ter unha directiva é un requisito legal para constituír a ANPA, pero non pertencer a esta directiva non é excluínte para participar en todas as tarefas que a ANPA quere sacar adiante: actividades, talleres, cursos, festivais, concursos, melloras nas instalacións… hai moitísimo traballo!! 

Por iso, habilitamos este formulario no que calquera se pode sumar como “pai/nai colaborador/a”, ou como voluntario, de cara a axudar en calquera das actividades que se queiran sacar adiante. Reiteramos: non é preciso formar parte da Directiva para ser un activo importante no funcionamento da ANPA. E ese debe ser o obxectivo final, que todo o mundo colabore e aporte, dentro das súas posibilidades, de cara a acadar un resultado óptimo en todo o que se queira sacar adiante.

E claro, tamén estamos abertos a calquera suxestión, idea ou proxecto que teñades para mellorar todos os aspectos que forman parte da educación dos nos@s fill@s. Así que xa sabedes, a ANPA precisa de todos vos!!!

¡QUERO COLABORAR!

    Anpa Rio Lérez
    Privacy Overview

    This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.