🍂 OUTONO EN FAMILIA: SAÍDA AO LAGO DE CASTIÑEIRAS!🍂
- 2557 Views
- mnovas
- 8 Outubro, 2026
- Convivencia Excursions
Ola, familias! 👋
Dende a directiva da ANPA temos como obxectivo este ano é darlle un pouquiño máis de vida ao colexio e facer comunidade entre todos.
A idea é ir organizando unha saída ou actividade ao mes para coñecernos mellor, pasar un bo rato e que pequenas e maiores gocemos do curso dunha forma máis unida.
Por suposto, isto é cousa de todas, así que calquera idea ou man que queira achegar para axudar na organización será máis que benvida.
Animádevos a estrear este proxecto este venres 16 de outubro no Lago de Castiñeiras! 🦔🌰
Compartiremos unha tarde de convivencia na natureza para dar a benvida á tempada. Imos pasear polo lago, recoller castañas, xogar ao aire libre e desfrutar dunha merenda para compartir.
📅 *Data:* Venres, 16 de outubro
📍 *Lugar:* Lago de Castiñeiras
⏰ *Hora:* A partir das 17:00 h (vinde cando poidades!)
*Punto de encontro*: https://goo.gl/maps/GBJuduxLpDkeL7qn9
Unha escusa perfecta para desfrutar xuntas deste novo curso.
Vémonos alí! 🌰✨

1100





