Festival de Samain 2026
- 1079 Views
- Carolina Vidal Fimia
- 22 Outubro, 2026
- Festas Sen categorizar
“Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das menciñeiras.”…
✨👻🎃 COMEZA A NOITE MÁIS TERRORÍFICA DO ANO! 🎃👻✨
🧟♂️ No Vidal Portela imos pasalo … de medo! 🧟♀️
Ven a celebrar o FESTIVAL DE SAMAÍN este VENRES 30 DE OUTUBRO, de 17:30 a 20:30 na escola.
Entrada:
A entrada realizarase exclusivamente pola porta do colexio sita na rúa Cruz Vermella.
Todas as familias socias da ANPA e os seus familiares entran de balde (presentando o carné correspondente), mentres que os non-socios deberán aboar 5 € por neno/a (@s adult@s acompañantes non pagan entrada en ningún caso).
🪩 Baila na DISCO TERRORÍFICA no ximnasio, ata que ás 19:00… chegue o momento de unirse ó baile de THRILLER! Prepara a coreografía cos teus compañeiros!
🎨 Anímate a participar no CERTAME DE OBRAS ARTÍSTICAS coa temática “UNHA HISTORIA DE SAMAÍN NO COLEXIO“. Bases do certame nesta mesma páxina.
🎭 Completa o teu disfrace coa axuda da nosa PINTACARAS, que levará ó seguinte nivel o teu look de Samaín!
🧘🏻♀️Descansa e demostra as túas habilidades co arte relaxándote no ESPAZO CHILL, onde poderás crear un cadro terrorífico e moitas cousas chulas!
🎲Os máis cativos teñen a diversión asegurada cos XOGOS TEMÁTICOS, cheos de sorpresas.
🧃Como sempre, poderedes gozar das deliciosas MERENDAS E BEBIDAS ofrecidas polas familias de 6º de Primaria que están recadando fondos para a excursión de fin de curso.

CERTAME ARTÍSTICO NO FESTIVAL DE SAMAÍN
Inspírate a noite de Samaín? Gústache escribir historias sobre a noite máis máxica do ano? Anímate a disparar a túa creatividade e compartir unha obra artística no certame!
CATEGORÍAS:
A) Educación Infantil
B) 1º, 2º e 3º Primaria
C) 4º, 5º E 6º Primaria
CÓMO PARTICIPAR:
- Formato folio (A4) – Técnica libre.
- O certame é de debuxos ou relatos curtos, escritos en dúas frases como máximo. Se queres, tamén podes acompañar o teu relato cun debuxo no mesmo folio.
- Escribe o teu nome e curso (especificando tamén se cursas Infantil ou Primaria) por detrás do folio (preferiblemente a obra debe entregarse dentro dun sobre pechado).
- Temática: “UNHA HISTORIA DE SAMAÍN NO COLEXIO“.
- Entrega das obras en Secretaría ata o XOVES 29 DE OUTUBRO (14:00).
Recolleremos as obras en Secretaría o xoves e faremos unha exposición con elas no comedor do colexio.
O xurado do certame escollerase o día da festa, e estará composto por dous membros do persoal do Comedor, dous membros da directiva da ANPA, dous nais/pais escollidos aleatoriamente de entre os asistentes á festa e dous nen@s das familias de 6º de Primaria que recadan fondos para a excursión e que non participen no certame persoalmente.
Os resultados do certame e a entrega de galardóns para as obras seleccionadas faráse no ximnasio, ás 20:00 do venres.
Grazas por participar!

1132





