Que fai a ANPA?

Comedor e Madruga
Grazas á ANPA Río Lérez, no Vidal Portela temos servizo de Comedor e Madruga. A FANPA organiza e xestiona o comedor, o Plan Madruga e as ludotecas dependentes deste organismo.

Colaboración co Centro
A ANPA colabora co Centro na compra de material, organización de recadación para a excursión de fin de curso, etc…

Seguro de Actividades
A ANPA contrata e xestiona o seguro das actividades extraescolares e excursións.

Festivais
A ANPA organiza festivais de Samaín, Nadal, Entroido e Fin de Curso.
Cursos
En colaboración co Centro, ofrecemos cursos útiles para o alumnado e as familias: uso seguro das novas tecnoloxías, habilidades socioemocionais, etc.

Membros da FANPA
Ao estar asociados coa Federación Provincial de Anpas, ofrecemos ludotecas de Nadal, Semana Santa e Verán, alén doutras vantaxes para soci@s (descontos en campamentos, actividades, etc.).
¿Queredes facervos socios?
Pois simplemente tendes que contactar connosco enchendo o formulario online de rexistro de socios na sección “ASOCIARSE” desta web, ou imprimindo o formulario que podedes descargar alí e entregándoo no local da ANPA no segundo andar do colexio. As instruccións para aboar a cota anual están no propio formulario.
Resolveremos todas as dúbidas que poidades ter a través de WhatsApp/Telegram ou falando no 609 283 375. Grazas!