Procedemento para bolsas de comedor da FANPA para o curso 2023-2024
- 270 Views
- Anpa Rio Lerez
- 6 Setembro, 2023
- Comedor e Madruga
REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
- Estar empadroado no Concello de Pontevedra, e convivir cos menores para os que se solicita a beca de comedor. Os menores deben estar matriculados nun centro público do concello de Pontevedra que conte co servizo de comedor xestionado pola FANPA.
- Non ter situación de impago coa empresa que presta o servizo de comedor, nin coa FANPA.
- Non ter sido beneficiario de beca de comedor máis de dous anos por parte da FANPA.
- Non contar cuns ingresos per cápita superiores ó 100% do IPREM, nin patrimonio que exceda o necesario para ter dereito ao IMV.
- Ter solicitado as prestación e pensións as que teña dereito: RISGA, IMV,…
- Os integrantes maiores de idade que non estean traballando, estar inscritos coma demandantes de emprego.
De non cumplir con algún dos requisitos esixidos a solicitude quedará excluída.
A FANPA resérvase o dereito a solicitar documentación complementaria que xustifique a situación declarada polos solicitantes.
Máis info e os criterios de evaluación na web da FANPA: https://www.nontedurmas.org/fanpa/programas/comedores-e-madruga-de-pontevedra/procedemento-para-bolsas-de-comedor-da-fanpa-para-o-curso-2023-2024/
Últimas Novas