Actividade “Natación Extraescolar” en BeOne Campolongo
- 446 Views
- Anpa Rio Lerez
- 8 Setembro, 2023
- Actividades Extraescolares
Este ano BeOne Campolongo ofértanos prazas para unha actividade extraescolar de Natación. Se che interesa, envía un email a anpamanuelvidalportela@gmail.com.
- O prazo para apuntarse remata o mércores 13 de setembro de 2023.
- Mínimo de 5 nen@s para poder formar o grupo.
- A actividade comezará o 1 de Outubro de 2023 e rematará o 31 de Maio de 2024. Divídese en 2 cuadrimestres:
- Primeiro: 02/09/2023 ata o 31/01/2024
- Segundo: 01/02/2024 ata o 31/05/2024
- Se segue o calendario escolar, é dicir: non hai piscina nas vacacións de Nadal, no Entroido nin en Semana Santa (se non hai clase, non hai actividade extraescolar).
- Tódolos nen@s virán conxuntamente acompañados por @s pais/nais e un responsable da ANPA.
Opcións de horario da actividade:
As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal de 45 minutos, a escoller entre:
-
- De Luns a Venres ás 15:45: nen@s que NON sepan nadar na piscina profunda
- De Luns a Venres ás 15:45: nen@s que SÍ sepan nadar na piscina profunda
- De Luns a Venres ás 16:30: nen@s que SÍ sepan nadar na piscina profunda
Nota: a piscina profunda é de 1,90m.
Prezo da actividade:
- O prezo é de 40,96 € por cada cuadrimestre, e farase por adiantado á ANPA.
Normativa da actividade:
- Tod@s @s nen@s han de traer de xeito obrigatorio: gorro, bañador, gafas e chanclas (no caso de usar escarpíns, non poderán meterse con eles na auga). Nas instalacións non dispoñen de material para préstamo, só unha tenda para mercalo.
- Cada nen@ terá á súa disposición unha taquilla individual. É responsabilidade dos pais/nais empregar un candado para a súa seguridade.
- Idade mínima: @s nen@s han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º curso do 2º ciclo de Educación Infantil (4 anos).
- Vestiarios de grupos: se @ nen@ vai acompañad@ dunha muller, deberá ir ó vestiario feminino, e se vai acompañad@ dun home, deberá ir ó vestiario masculino. Os menores de 7 anos poden ir ó vestiario feminino e as menores de 7 anos poden ir ó vestiario masculino. Só pode ser un adulto por nen@, que usará chanclas na zona de duchas e non permanecerá no vestiario mentres dure a clase (accederá 5 minutos antes de rematar a actividade).
Últimas Novas