Igualdade dende o Berce
- 645 Views
- Anpa Rio Lerez
- 14 Outubro, 2020
- Novas
Os nosos compañeiros da ANPA ANDAINA queren invitarvos á charla
IGUALDADE DENDE O BERCE
dentro no noso proxecto AXENDANDO IGUALDADE subvencionado pola
Secretaria Xeral de Igualdade e o Ministerio de Igualdade.
Dirixido a familias con menores matriculados nos centros educativos do concello de Pontevedra.
Formato: Online (Zoom)
Día: 22/10/2020
Hora: de 18h00 a 19h30
Nesta charla faremos un percorrido xeral coa temática de igualdade e diversidade. Entre outros temas trataremos:
- Sexo/Xénero
- Estereotipos de xénero
- Coeducación
- A diversidade como elemento valioso.
- Micromachismos (cine, música, publicidade, linguaxe…)
- Cousificación e hipersexualización.
- Diversidade afectivo-sexual.
- Acoso escolar.
Traballemos en conxunto para unha sociedade máis xusta e igualitaria. Sementando igualdade, colleitando xustiza.
Impartida pola axente de igualdade e mestra Daisy Alcalde Monteagudo coa
colaboración de APAIOGA a través da plataforma ZOOM.
Inscripcións aquí: https://forms.gle/JhETfNPjrP7acyqD9