Festa de Fin de Curso 2025
- 124 Views
- Anpa Rio Lerez
- 16 Xuño, 2025
- Festas
O CEIP Manuel Vidal Portela celebra a súa festa de fin de curso con patinaxe, inchables e festa da escuma
A ANPA Río Lérez organiza este xoves 19 de xuño a tradicional Festa de Fin de Curso no CEIP Manuel Vidal Portela de Pontevedra, unha xornada lúdica para despedir o curso escolar por todo o alto.
A programación comeza ás 16:45 h cunha exhibición de patinaxe, seguida ás 17:00 h dos divertidos inchables de auga. Para rematar, ás 19:30 h, terá lugar unha refrescante festa da escuma, pensada para o desfrute de pequenos e maiores.
Durante toda a tarde haberá tamén venta de merendas e bebidas, rifa de xoguetes e moitas sorpresas máis.
A entrada será de balde para as familias socias da ANPA (presentando o carné correspondente), mentres que os non socios deberán aboar 5 € por neno/a. A entrada realizarase pola rúa Cruz Vermella.
Recoméndase traer bañador, toalla e chanclas. É importante lembrar que cada neno/a debe estar acompañado/a dun adulto responsable durante toda a festa.