Comunicado ANPA: Asemblea Extraordinaria Mércores 11 Xuño
- 220 Views
- Anpa Rio Lerez
- 3 Xuño, 2025
- Novas
COMUNICADO DA ANPA RÍO LÉREZ
Estimadas familias:
Dende a ANPA Río Lérez queremos informarvos de que na vindeira asemblea xeral, que se celebrará o vindeiro mércores 11 de Xuño ás 17:30 horas en Primeira Convocatoria na Biblioteca do Colexio, é preciso proceder á renovación integral da Xunta Directiva.
A actual directiva remata o seu mandato e varias das persoas que a compoñen deixarán de formar parte da mesma. Polo de agora, non se teñen recibido candidaturas alternativas completas (lembramos que para que unha candidatura sexa válida debe estar composta por un mínimo de 4 persoas socias que cubran os cargos de presidencia, vicepresidencia, secretaría e tesouraría). Pódense seguir enviando candidaturas ata o inicio da Asemblea ao e-mail da ANPA anpamanuelvidalportela@gmail.com
Facemos un chamamento a todas as familias socias: animámosvos a participar activamente na vida da ANPA e acudir á asemblea, onde se poderá xerar unha nova directiva de consenso para dar continuidade ao traballo realizado ata o de agora, ou unha nova directiva que colla o relevo da actual.
De non formarse unha nova directiva, poñeríase en risco a continuidade de todas as actividades organizadas pola ANPA, entre elas o servizo de Madruga, o comedor e as actividades extraescolares, fundamentais para moitas familias.
A participación e implicación das familias é esencial para manter viva a nosa ANPA. Contamos convosco.
Un cordial saúdo,
A Xunta Directiva da ANPA Río Lérez
CEIP Manuel Vidal Portela
ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIO DO MÉRCORES 11 DE XUÑO
Data: 11- Xuño 2025
Hora: 17:30
Lugar: Biblioteca do Colexio
- Lectura e aprobación da acta anterior (se procede)
- Presentación das contas do curso 2024-2025
- Resumo de actividades realizadas durante o curso 2024-2025
- Propostas de actividades para o vindeiro curso
- Rogos e preguntas
- Renovación da Xunta Directiva
- Presentación de candidaturas
- Votación e proclamación da nova Directiva