Comezo de Curso 2020/2021
- 1198 Views
- Anpa Rio Lerez
- 9 Setembro, 2020
- Novas
Dende a ANPA Río Lérez, comezamos un novo curso a traballar de cara a axudar e dar apoio en todo o que se poida dentro da comunidade escolar do Colexio Vidal Portela. Neste curso tan condicionado pola situación sanitaria actual, non imos a poder ofertar actividades extraescolares para os alumnos, pero sí sacamos adiante o servizo de Comedor e Madruga (do que estamos á expensas da aprobación do novo protocolo por parte da Xunta) e tamén a xestión das tarxetas para o párking en coordinación coa Policía Local de cara á chegada e recollida dos cativos.
Comezamos tamén coa captación de socios, dun xeito que, de novo pola situación actual, debe ser o menos presencial posible e sen trámites en papel (non se permite a entrega de documentos en papel polo protocolo anti COVID). Deixamos nesta entrada o formulario de rexistro de socios para a súa descarga. Trátase dun PDF editable, polo que directamente se pode encher no ordenador ou móbil, sen necesidade de ser impreso. Debe facerse tamén o ingreso da cuota de socio de 20 € na conta de ABANCA ES 45 2080/5405/31/3000173202 e enviar o xustificante por e-mail xunto co formulario de rexistro de socio ao correo: anpamanuelvidalportela@gmail.com. Debido a que non realizaremos actividades extraescolares, este ano non é preciso abonar os 5 € do seguro.
Para o tema da xestión das tarxetas do párking, e tamén debido ao protocolo COVID, a ANPA vese na obriga de ter que realizar esta xestión sen sobrecuste para os socios. Os non socios, deberán abonar 5€ por cada tarxeta de aparcamento. A tarxeta do párking vai ir asociada ao número de socio da ANPA e as dúas matrículas que se elixan para a mesma no caso dos socios, e a unha numeración específica para os non socios, de xeito que a Policía Local vai poder comprobar en todo momento se o vehículo aparcado está autorizado. Non vai ser posible aparcar neste espazo na hora de entrada ou de recollida sen esta tarxeta. Á hora de realizar o rexistro de socio, é preciso que os que vaian a necesitar as tarxetas, fagan a petición no propio e-mail de rexistro, adxuntando as dúas matrículas dos vehículos que precisen. Tanto o carnet como a tarxeta de socio, enviarase vía e-mail a todos os socios en formato PDF, para que os impriman e utilicen segundo precisen.
Co comezo do curso, tamén se habilitará para dúbidas, consultas ou calquera xestión o local que a ANPA ten no Colexio. Para cumplir o protocolo anti COVID, só se poderá traballar con Cita Previa. O día para as xestións ou dúbidas serán os mércores, de 9:30 a 11:30, con citas de atención de 15 minutos por pai/nai, puidendo acceder únicamente unha persoa a realizar esta xestión. Nos próximos días pasaremos o enlace á aplicación para a xestión da cita previa.
Dende a ANPA Río Lérez contamos coa colaboración de todos os que formamos a comunidade escolar do Vidal Portela. É un curso complicado e difícil para todos, e toca arrimar o ombreiro para sacalo adiante. Ánimo e grazas pola comprensión e colaboración!