Actividade de Surf con Mission Surf
- 638 Views
- Anpa Rio Lerez
- 14 Setembro, 2020
- Actividades Extraescolares
Tal e como vimos falando en entradas anteriores, debido á crise sanitaria da COVID 19 dende a ANPA Río Lérez non imos a facer actividades extraescolares.
Malia todo, seguimos poñendo en coñecemento das familias as distintas opcións que varias empresas nos achegan para que os pais e nais que o desexen contraten estas actividades directamente con elas. Neste caso, compartimos a información que nos facilita Mission Surf School para realizar a actividade de Surf.
Todos os interesados, poden poñerse en contacto directamente con eles.
Últimas Novas