Actividade “Os Segredos das Illas Atlánticas”
- 490 Views
- mnovas
- 12 Maio, 2026
- Actividades Excursions
Como sabedes, o vindeiro 6 de xuño, a ANPA Río Lérez organiza unha xornada agardamos que inesquecible no corazón do noso patrimonio natural: 🏝️ a Illa de Ons 🏝️.
Para que esta viaxe sexa moito máis que un simple paseo, contamos co equipo de Miudiño S. Coop. Galega, especialistas en educación ambiental e lecer educativo, que nos axudarán a mirar a illa con “outros ollos” a través da súa actividade “Os Segredos das Illas Atlánticas”.
Que faremos alí? Segundo as asistentes, tentaremos organizar tres grupos de ata 25 persoas para que cada unha poida escoller a aventura que máis lle apeteza ou mellor se adapte á idade dos nenos e nenas:
🟠 “Na beira do mar”: Un percorrido especialmente pensado para a cativada de Educación Infantil, onde exploraremos a vida que se agocha entre as rochas e a area.
🔴 Ruta guiada “O Faro”: Unha camiñada para descubrir a historia e as vistas máis icónicas da illa.
🟣 Ruta guiada “Burato do Inferno”: Unha ruta un pouco máis longa para coñecer os recunchos máis salvaxes e as lendas de Ons.
Seguridade: Lembrade que se trata dunha actividade familiar; os menores deberán estar en todo momento baixo a responsabilidade das súas familias ou adultos acompañantes.
É unha oportunidade perfecta para compartir tempo de calidade en familia coa vosa comunidade educativa nun entorno privilexiado mentres os nosos fillos e fillas aprenden a amar e protexer o medio ambiente a través do xogo e a exploración.
Non deixedes pasar esta oportunidade de vivir un día de curiosidade e abraio en Ons!
Inscribídevos canto antes! As prazas son limitadas.
🌊 Vémonos no peirao! ⛴️🐚





