Excursión á Illa de Ons
- 357 Views
- ANPA
- 4 Maio, 2026
- Excursions
🚢 Excursión á Illa de Ons – ANPA Río Lérez
¡Imos de excursión en familia! O vindeiro sábado 6 de xuño, dende a ANPA Río Lérez organizamos unha xornada inesquecible na Illa de Ons, contando cunha actividade ambiental da man de Miudiño S. Coop. Galega.
Para que todo saia perfecto, é fundamental seguir os pasos de inscrición, xa que o acceso á illa está limitado e require unha autorización oficial que xestionaremos nós ante a Xunta de Galicia.
📅 Datos clave da xornada
Data: Sábado 6 de xuño.
Saída: 10:45 h dende o Peirao das Corbaceiras, Pontevedra – https://maps.app.goo.gl/8S7NHEpbvX8xECWy7
Volta: 19:00 h ó mesmo peirao de saída.
Prazas: Máximo 150 persoas (por estrita orde de inscrición).
💰 Prezos e Pago
Soci@s da ANPA: 20 € por persoa (maiores de 4 anos).
Non soci@s: 25 € por persoa (maiores de 4 anos).
Menores de 4 anos: De balde (pero é obrigatorio inscribilas no formulario para a autorización).
Atención! Temos unha nova conta bancaria! Este é o novo IBAN da ANPA:
Asociacion de nais e pais de alumnos Río Lerez
ES31 0049 7834 2821 1004 4381
Indicar no concepto: “ONS” e mais o nome e apelidos do representante da familia (por exemplo: “ONS MARIA RODRIGUEZ FERNANDEZ”).
📝Instrucións para a inscrición (Moi importante!)
Para cumprir coa normativa do Parque Nacional e xestionar os billetes de barco, cómpre seguir estas normas:
– Rexistro mediante o formulario: deben cubrirse os datos no formulario de forma individual por cada persoa asistente, sen importar a idade (incluídas @s menores de 4 anos). Para engadir a nov@s asistentes, escolle “Si” na opción “Queres engadir a unha persoa máis?”.
– Autorización da Xunta: Ao cubrir o formulario, dásnos permiso para xestionar a túa autorización de acceso ante a Xunta.
– Xustificante de pago: É imprescindible achegar o xustificante da transferencia ao correo de excursions@anpariolerez.es (pode ser unha foto ou o arquivo do ingreso bancario).
Data límite para a inscrición: o prazo remata o 15 de maio ás 23:59. Non se admitirán reservas despois desa data.
🔗 Formulario de Inscrición
Preme na seguinte ligazón para rexistrar ó teu grupo:
👉 https://forms.gle/5cJgA77R1PNdwjrm8
Nota: A reserva de praza só será efectiva unha vez recibido o formulario, o xustificante de pago e comprobados os datos.
Se existe algún problema coa vosa reserva, poñerémonos en contacto convosco mediante o teléfono/correo electrónico que proporcionedes no formulario de inscrición.
Para calquera dúbida, escríbenos a: excursions@anpariolerez.es ou ó 609283375 (WhatsApp/Telegram).
📋 Normas e recomendacións
– Cada grupo deberá contar con polo menos un adulto responsable, que se fará cargo de tod@s @s menores dese grupo.
– Se nun grupo inclúese algunha persoa non socia da ANPA Río Lérez, pagarase pola súa praza o importe para non soci@s (25 € por persoa).
– As familias socias terán prioridade á hora de conceder as prazas para a excursión.






