Acta Asamblea 2 xuño 2026
Pontevedra, a 2 de xuño de 2026, celébrase ás 17:45 h, en segunda convocatoria, no Salón de Actos do colexio, a Asemblea ordinaria da ANPA “RÍO LEREZ”.
Pola presidenta ábrese a sesión estando presentes un total de 18 persoas (dun total de 145 socias no ano 2025-2026), 4 que forman o equipo directivo, máis 14 pais e nais, e comézase cunha presentación dos membros da ANPA e explicación do carácter anual das reunións.
Posteriormente procédese a seguir a ORDE DO DÍA establecida na convocatoria:
1.- LECTURA E APROBACION DA ACTA ANTERIOR:
Dáse lectura á acta anterior.
Non manifestando nada en contra os asistentes, dáse aprobada por unanimidade.
2.- PRESENTACIÓN DAS CONTAS DO CURSO 2025 – 2026:
A Tesoureira deu lectura ao estado de contas actual, repartindo copias a parte dos asistentes.
Apróbanse as contas por unanimidade das presentes.
3.- RESUMO DE ACTIVIDADES E INICIATIVAS COMPLETADAS DURANTE O CURSO 2025-2026.
– A presidenta comeza explicando que se elaborou unha ferramenta que está na web da ANPA Río Lérez que se denomina ANPA ESCOITA. Trata dunha canle anónima para que calquera persoa poida trasladarnos inquietudes, situacións, propostas ou informacións que considere importantes e que prefira compartir sen revelar a súa identidade. Non substitúe os medios habituais de contacto coa ANPA, que seguen sendo a vía máis axeitada para consultas, propostas, incidencias ordinarias ou situacións que requiran seguimento directo. A súa finalidade é ofrecer unha alternativa segura e confidencial para aqueles casos nos que o anonimato nos axude a compartir algo que doutro xeito quizais non sería posible.
Explícase que este ano, ao facer unha recompilación por medio dun formulario para saber a opinión das actividades extraescolares, chegounos un comentario en relación a un monitor que doutro xeito non se comentou e entendemos que temos que estar na nosa liberdade de comentar todas as incidencias ou malos entendidos que poidan xurdir.
– Explica tamén todas as festas que se realizaron, comezando pola de fin de curso de xuño de 2025. Ao non resultar implicados os pais e nais de 5º do ano pasado, a ANPA realizou ademais da organización e contratación da festa con inchables e festa da escuma, a merenda.
Nas seguintes festas (Samaín, Nadal e Entroido) prestouse o apoio dos membros da ANPA e de nais e pais colaboradoras para que os alumnos de 6º de primaria puidesen vender tanto merendas como realizar sorteos e colaborar así para realizar a excursión de fin de etapa.
– Impartiuse un Taller de postais de Nadal, ao que acudiron, previa inscrición por medio do correo electrónico, varios nenos e nenas de distintas idades, dende 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria, nunhas horas nas que tomouse contacto con compañeiros e compañeiras de outras idades e aficións.
– Realizáronse varias reunións durante o curso escolar co:
- Director: con que se trataron diversos temas, entre outros: o telefonillo que puxo o concello hai anos xunto á porta de fóra e que ao pouco tempo de colocalo deixou de funcionar e, ao ver que non era práctico nin funcional, non se arranxou; o portalón que case sempre estaba aberto e que linda co Pavillón Universitario, que para o colexio non se apreciaba como un problema e para as nais e os pais si; Plan Director, etc.
- BNG e Concello de Pontevedra: avisouse ás ANPAS dos centros que están no concello de Pontevedra para que expuxésemos os problemas que tiñan particularmente os centros e así poder tomar medidas.
- Educaocio: púxose de manifesto que actividades estabamos a buscar para intentar atender a todas as demandas que se realizan por parte dos membros da ANPA en relación ás extraescolares dos nosas fillas e fillos. Explicóuselle que este ano estamos na busca de novas actividades con outras empresas que se ofertarán e valorar aquelas que compensan realizar.
- Exodega: contan cunha oferta de extraescolares diferente á anterior e coas que cremos que poderían ofertar novas actividades.
- Actividades externas como piscina con BE ONE, balonmán coa Sociedade Deportiva Teucro e atletismo coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra: seguiranse ofertando e veremos cales se impartirán.
- FANPA: para que nos explicase cales son as ferramentas, as vantaxes, etc. coas que contamos ao ser membros da FANPA.
- Excursión organizada pola ANPA a Ons: explícase como contratamos coa empresa Miudiño unha excursión cun prezo pechado no que contaríamos coa organización coa naviera, autorizacións coa Xunta de Galicia. Non entendemos por que non hai interese nese tipo de excursións, xa que apenas hai uns 50 participantes. Unha das asistentes comenta que non se enterou da convocatoria, pese a estar avisada na web, no Telegram e carteis colgados no colexio.
- Subvencións: explicáronse xa no punto segundo cales foron as subvencións ás que se optaron e cales no saíron. Contactouse con empresas como Talentea, que xa están acostumadas á tramitación das subvencións e impartición dos cursos para proxenitores e nenas e nenos. Realizaranse para o alumnado en horario lectivo e para as nais e pais polas tardes a partir de setembro de 2026. A vantaxe é que non cobrarían todo ata que a ANPA reciba a subvención, aínda que habería que adiantar unha parte.
4.- PROPOSTAS PARA O VINDEIRO CURSO.
Á vista deste primeiro ano de contacto establécense novas metas, pensando sempre na mellora e optimización dos recursos obtidos ou futuribles a obter.
Procédese a intentar incrementar a cota anual por familia socia, realizando unha votación dos asistentes e por maioría dos presentes acórdase o incremento en 5 € da cota, quedando un total de 25 € por familia socia da ANPA para o curso 2026-2027.
5.- RENOVACION DA XUNTA DIRECTIVA.
A presidenta explica que hai dúas vogais que non queren continuar representando o cargo e presentaron antes da Asemblea as súas solicitude de renuncia do cargo.
A secretaria explica que por motivos persoais quizais tivera que deixar o posto durante o verán e ao ver que hai que modificar polas vogais cesantes da Directiva, procede tamén a cesar no cargo.
O vicepresidente cesa no seu cargo para optar á secretaría.
Na propia asemblea preséntanse voluntarias para cubrir os cargos vacantes e apróbase por unanimidade das presentes a nova directiva.
6.- ROGOS E PREGUNTAS.
Proponse por parte dun dos asistentes a apertura do patio fóra do horario lectivo, xa que a día de hoxe cando saen os profesores do centro pechan as portas e non deixan que ninguén quede xogando. Explícase que xa se falou pero dende o centro dixeron que eles no poden ser responsables do que pase. Poderá proporse, se existen pais e nais voluntarios, que isto se poida cumprir.
Comenta un pai que a súa filla é alumna do curso de patinaxe que imparte o clube FSV e que están encantados ao ser unha actividade que está moi ben impartida
E non habendo outros asuntos de que tratar incluídos na Orde do día, levantouse a sesión ás 20:00 horas, do que como secretaria e co Visto e Prace do Vicepresidente, dou fe.
A presidenta: Carolina Vidal Fimia
A secretaria: Iria Fernández Peón






