Acta Asamblea 11 Xuño 2025
Pontevedra, a 11 de xuño de 2025, celébrase ás 17:45 h, en primeira convocatoria, na
biblioteca do colexio, a Asemblea extraordinaria da ANPA “ RÍO LEREZ”.
Por ausencia da presidenta, preside a reunión o vicepresidente.
Estando presentes un total de 32 persoas, 5 que forman o equipo directivo, máis 27 pais e nais,
comézase cunha presentación dos membros da ANPA, e explicación do carácter anual das
reunións, onde acude de xeito habitual moi pouca xente, o que provoca unha desmotivación ao
equipo actual da ANPA.
Posteriormente procédese a seguir a ORDE DO DÍA establecida na convocatoria:
1.- LECTURA E APROBACION DA ACTA ANTERIOR:
Dáse lectura á acta anterior.
Non manifestando nada en contra os asistentes, dáse aprobada por unanimidade.
2.- PRESENTACIÓN DAS CONTAS DO CURSO 2024 – 2025:
A Tesoureira deu lectura ao estado de contas actual, repartindo copias a parte dos asistentes.
Dito resultado e desglose explicado, queda adxunto (Anexo I) á presente acta.
6.- PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O VINDEIRO CURSO:
Coméntase, de cara ás novas incorporacións, como se xestionan as actividades extraescolares.
Dise que actualmente lévaas a cabo a empresa “EDUCAOCIO”, pero que se pode cambiar de
cara ao ano que ven, no caso de que se decida por parte do novo equipo directivo resultante da
asemblea.
Infórmase de que se enviou enquisa para votación sobre que actividades se queren por parte
das familias, de cara a adaptar as propostas a ofertar á demanda.
7.- ROGOS E PREGUNTAS:
Os asistentes fixeron preguntas, na súa maioría, para aclarar dúbidas de como se xestiona o
equipo da ANPA, implicación e dedicación que esixe.
Explícase que a mellor forma, que o equipo anterior entende, é facer equipos de traballo,
distribuíndo a xestión de cada área por equipos, e unha posta en común das diferentes
propostas.
8.- RENOVACION DA XUNTA DIRECTIVA:
PRESENTACION DE CANDIDATURAS:
Faise unha lista de nais e pais interesados en formar parte do novo equipo directivo. Faise a man
alzada, recollendo a Secretaria nome, apelido, e posto ao que estaría interesado a acceder.
Unha das candidaturas fíxose por correo electrónico, incorporándose á lista anterior.
VOTACION E PROCLAMACION DA NOVA DIRECTIVA:
A lista resultante de propostas ás candidaturas, e os postos aos que cada un accedía, foi xusta
para completar a formación dunha directiva. Polo anterior, asignáronse os postos, votando por
unanimidade a única lista resultante. Quedou da seguinte forma:
Presidenta: Carolina Vidal Fimia
Vicepresidente: Ángel Montero Campos
Secretaria: Iria Fernández Peón
Tesoureiro: Diego de la Mata
Vogais:
Lorena Lobagueira Landín
Alba Blanco Boga
Nuria Rodríguez Figueiredo
ANEXO I: Estado de contas

E non habendo outros asuntos de que tratar incluídos na Orde do día, levantouse a sesión ás
18:30 horas, do que como secretaria e co Visto e Prace do Vicepresidente, dou fe.
O vicepresidente,
A secretaria,
Rafael Sierra López
Beatriz Bugallo Pérez




