Acta Asamblea 15 Febreiro 2023
- 594 Views
- Anpa Rio Lerez
- 23 Marzo, 2023
- Actas
Pontevedra, a 15 de febrero de 2023, celébrase ás 19:30, en segunda convocatoria, no salón de actos do Colexio, a Asamblea Ordinaria da ANPA “RIO LEREZ”.
Estando presentes un total de 10 asistentes, entre a directiva e 4 nais, a asamblea transcurre baixo a seguinte orde do día:
ORDE DO DIA:
1.- LECTURA E APROBACION, SE PROCEDE, DA ACTA DA ASAMBLEA ANTERIOR:
Os presente non se manifestan, polo que se aproba por unanimidade.
2.- ACTUALIZACION E RENOVACION DA XUNTA DIRECTIVA:
Decídese que a Directiva queda case coa mesma composición de membros, coa nova incorporación dunha das nais presentes na Asamblea:
PRESIDENTA: Lorena Barros Presas – 77403212 R VICEPRESIDENTE: Rafael Sierra López – 76820016 Q SECRETARIA: Beatriz Bugallo Pérez 76933442 Y TESOUREIRA: Teresa Lafuente Peláez 3532041 K VOGAL 1: Ma Jesús Gómez Borrego – 35469467 V VOGAL 2: Elisabet Piña Moreira – 76930873 J
VOGAL 3: José Antonio Barroso Ignacio – 77406780 C VOGAL 4 : Carolina Vidal Fimia – 53435325 T
Dase como aprobada, por unanimidade, a nova Xunta Directiva,
3.- ESTADO DE CONTAS:
Lorena Barros, presidenta da Anpa, fai balance de gastos e ingresos, sendo aceptados por unanimidade.
Adxúntase copa das contas a esta páxina.
4.- ROGOS E PREGUNTAS:
Coméntanse certos aspectos que se levan tempo estudando para mellorar a xestión interna da ANPA e a colaboración:
PLAN MADRUGA E COMEDOR: Comentouse a xestión da FANPA para cambiar o sistema de comida, utilizado no comedor, pasando de liña fría a liña quente. Coméntanse dudas sobre o funcionamento do comedor, cantidades e calidad da comida.
SEGUROS EXTRAESCOLARES:
A presidenta comenta que hai abono efectuado por parte do 30% das familias que fan uso do servizo de actividades extraescolares, sendo 5 euros por neno. Quédase en facer listado das pendentes para reclamar o importe a esas familias. Do mesmo modo, coméntase que, de cara ao próximo ano se poña algún tipo se control de forma que o rapaz que non o teña aboado non poida asistir ás extraescolares.
Fálase da “inversión patio dinámico”, un proxecto que estaba en marcha antes da pandemia, que quedou sen executar, para retomalo.
Coméntase plantexar canto antes ideas para a excursión de fin de curso, de cara a ter as opción claras con tempo.
Proponse a contratación dunha liña móvil de prepago para contacto da ANPA, evitando así o uso de móbiles persoais da Directiva.
Coméntase igualmente un incremento considerable nas comisión bancarias, acordando buscar unha nova Entidade. Hai proposta da FANPA no Santander, exento de comisión. Algúns país ofrécense a buscar opción. Unha vez se recolla información esté en vigor o acorde da FANPA, con Santander, decidirase o cambio a opción máis económica.
Fálase de publicitar máis as ventaxas de ser socio da ANPA coa intención de conseguir que unha ampla maioría do censo escolar participe de forma activa:
VENTAXAS DE SOCIOS – NECESIDADE DE TER ANPA:
Participación activa na asamblea e dereito a voto.
Dispor de información do funcionamento do Colexio.
Descontos nas actividades extraescolares, actividades de fin de curso, etc.
A ANPA xestiona, a través da FANPA, o comerdor, plan madruga e actividades
extraescolares, así como outras actividades formativas, charlas realizadas por especialistas de diferentes materias ás que as familias poden asistir de forma gratuita.
É decir, se non hai ANPA todos estes servizos, algúns deles para algunas familias imprescindibles para conciliar, non estarían dispoñibles.
Os componentes do ANPA, son uns país máis, non se dedican en exclusividade nin obteñen ningún beneficio delo. Pero que o resto das familias apoien, aporten, opinen, é bçasico para poder seguir levando a cabo esta tarefa.
Sen máis preguntas, dase por rematada a asamblea ás 19:38h.