- 15 Views
- ANPA
- 20 Outubro, 2026
- Sen categorizar
Carlín ofrécelle ás socias da ANPA Río Lérez unha tarxeta de desconto para mercar nos seus establecementos.
CONDICIÓNS DA TARXETA. A Tarxeta Cliente Ouro é persoal e intransferible e só pode ser utilizada pola persoa cuxo nome aparece nela. É válida ata a data de caducidade que figura na propia tarxeta e dá dereito a un desconto do 10 % nos establecementos de Carlin Papelerías, S.L. e Redinor, S.L., agás para os produtos e servizos excluídos, que se poden consultar en calquera momento na tarxeta. O seu uso por parte de calquera persoa que non sexa o titular da tarxeta, así como compartir a ligazón con terceiros, suporá a cancelación da tarxeta sen previo aviso. A tarxeta envíase e móstrase no teléfono móbil; non se aceptarán copias impresas, fotografías ou calquera formato que non sexa a ligazón proporcionada.
PROTECCIÓN DE DATOS. Responsable do tratamento: REDINOR, S.L. — NIF B36127405 — comercial@redinor.com. Finalidade: emitir e xestionar a súa Tarxeta Cliente Ouro e enviarlle a súa tarxeta personalizada por WhatsApp ao número que nos proporcione. Non utilizaremos os seus datos para enviarlle publicidade nin comunicacións comerciais. Base xurídica: o seu consentimento, que pode retirar en calquera momento escribindo a comercial@redinor.com. Destinatarios: os datos non se ceden a terceiros agás nos casos en que a lei o esixa; a tarxeta envíase por WhatsApp (Meta Platforms Ireland Ltd.). Conservación: mentres a tarxeta sexa válida. Dereitos: pode acceder, rectificar e suprimir os seus datos, opoñerse ou restrinxir o seu tratamento e solicitar a portabilidade dos datos escribindo a comercial@redinor.com, así como presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). Se o interesado é menor de 14 anos, os seus datos deben ser facilitados polo seu pai, nai ou titor legal.
Redinor, S.L. · NIF B36127405 · comercial@redinor.com
1128





