Reunión da ANPA para as familias o mércores 22 de Outubro
A ANPA Río Lérez convida a todas as familias do colexio a reunirse o mércores 22 de outubro a partir das 18:00 no Salón de actos.
Presentaremos á nova directiva da ANPA e as propostas deste curso, ademais de organizar os grupos de traballo coas familias colaboradoras. Teremos un espazo preparado para que os peques tamén poidan vir.
directiva@anpariolerez.es – 609 283 375
A participación e implicación das familias é esencial para manter viva a nosa ANPA. Contamos convosco.
Un cordial saúdo,
A Xunta Directiva da ANPA Río Lérez
CEIP Manuel Vidal Portela
Últimas Novas







