Resumen do Festival de Nadal
- 816 Views
- Anpa Rio Lerez
- 21 Decembro, 2019
- Festas
Na tarde de onte tivo lugar no Ximnasio do Manuel Vidal Portela a Festa de Nadal organizada pola ANPA. Unha festa que fixo as delicias de grandes e pequenos, e que puxo fin a todas as actividades deste ano 2019.
Tivemos outra vez unha animación total por parte de DJ Pita, unhas pintacaras incribles, un mercadillo solidario e as deliciosas merendas dos de Sexto. Unha nova actividade para que siga medrando a comunidade do noso Colexio, e para que todos os rapaces e rapazas desfruten ao máximo. E claro, un incrible photocall coa visita ilustre que tivemos nesta festa. Dende Laponia, veu ata o Vidal Portela Papa Noel!!
Aquí vos deixamos todas as fotos: https://drive.google.com/open?id=1vzsOnCsPPhLUxWVEZeyn894MJ5Z_hGOK
Tamén se entregaron durante a festa os premios aos gañadores do Primeiro Concurso de Fotonadal organizado pola ANPA. Os agraciados foron Martín Sierra en Infantil e Avril Castro en Primaria. Aquí vos deixamos as súas creacións:
Agradecemos dende a ANPA todo o traballo e toda a colaboración para que accións como esta saian adiante. É grazas a todos os que aportan o seu gran de area que estas actividades saen adiante. GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!
E pouco máis, dende a ANPA Río Lérez queremos desexarvos unhas FELICES FESTAS E PRÓSPERO 2020!!!