Recollida de xoguetes
Comezamos unha campaña para recoller e reciclar aqueles xoguetes que xa non van ser utilizados pol@s nos@s fill@s. O xoguete non é un luxo senón un instrumento fundamental para a educación e a cada idade correspóndelle un tipo de xoguete; por iso, ao medrar, os nenos e nenas deixan de utilizar os antigos para utilizar os novos… pero non por iso os vellos deixan de ser útiles.
Os xoguetes poden entregarse na Secretaría do colexio ata o 19 de decembro ou persoalmente nas oficinas da FANPA en Pontevedra (r/Xan Guillerme, 9) ata o 7 de xaneiro. Agradécese que os xoguetes estean en bo estado e limpos.
Os xoguetes recollidos repartiranse entre asociacións sen ánimo de lucro vinculadas á infancia e doaranse ás familias con menos recursos.

Últimas Novas







