Novas Tarifas Madruga e Comedor con Subvención Concello
- 605 Views
- Anpa Rio Lerez
- 10 Setembro, 2019
- Comedor e Madruga
A semana pasada confirmouse o novo convenio entre Concello e FANPA polo que se modifican á baixa as mensualidades que se especificaban no carta informativa que enviaramos no seu día.
Os prezos que finalmente serán de aplicación durante o curso 2019 2020 a tódolos usuarios dos colexios de Pontevedra dependentes da FANPA son os seguintes:
Informámoslle igualmente de que debido a unha actualización que se está a levar a cabo na APP e Web, a renovación e alta nos servizos desactivouse ata o 18 de setembro. Dende o 18 ata o 25 de setembro, volverá a estar activa esta opción para darse de alta para outubro na ligazón https://apps.colechef.com/gestionacceso/frmlogin.aspx?mtema=ARUME&midioma=ga ou a través da APP Colechef (descargable en Google Play e App Store).
Lémbrámoslle que o prazo para as inscripcións para comezar como usuario fixo ou calendario de días en setembro rematou o 31/8. Se non se inscribiu e necesita algún servizo en setembro, pode asistir como esporádico, chamando por teléfono ao 607 634 413 ou contactándonos no email info@arumeservicios.gal, como moi tarde o día anterior á data que necesite.