Información sobre o Comedor e o Madruga para o curso 22/23
- 614 Views
- Anpa Rio Lerez
- 23 Agosto, 2022
- Comedor e Madruga
Tralos cambios aprobados na reunión coas ANPA de Pontevedra e Marín do día 4 de agosto sobre o contrato dos servizos de comedor e madruga (sobre as condicións previas á pandemia) son:
- Agora o ratio mídese en conxunto (primaria e infantil) e será de 1 monitor por cada 18 usuarios (excepto no EEI Fina Casalderrey e EEI O Grupo que seguirá sendo de 1 monitor por cada 12 usuarios)
- Desaparece o mínimo de 2 monitores no servizo de madruga de todos os centros. Mantense dous monitores mínimo no servizo de comedor dos centros do Concello de Pontevedra. Para os centros de Marín contratarase un monitor con funcións de retén.
Os prezos finais coa subvención do Concello de Pontevedra quedan:
– Madruga con almorzo: 2,95€
– Madruga sen almorzo: 2,14€
– Comedor: 5,08€
Últimas Novas