Festa do Samain 2024
- 480 Views
- Anpa Rio Lerez
- 15 Outubro, 2024
- Festas Sen categorizar

O ANPA Río Lérez organiza unha festa especial para celebrar o Samaín no colexio, o vindeiro venres 25 de outubro, cunha programación chea de actividades para todas as idades.
Programa da tarde (17:00 – 19:30):
- Festa con DJ Pita, pintacaras e xogos.
- Venda de merendas e bebidas.
A entrada será de balde para os socios da ANPA e terá un custo de 5 euros para non socios. A recadación irá destinada á excursión de 6º de Primaria.
Pernocta e acampada (20:30 – 11:00): A noite de Samaín promete ser aterradora e moi divertida coa acampada temática que inclúe:
- Ginkana e xogos temáticos con monitores.
- Cea, almorzo e sesión disco.
As prazas son limitadas, con só 40 nenos/as admitidos para a pernocta. O prezo será de 12 euros por neno/a para os socios da ANPA, con desconto de 10 euros para irmáns, e de 30 euros por neno/a para non socios.
Para participar, enchede o seguinte formulario
INSCRIPCIÓN DA PERNOCTA E ACAMPADA DE SAMAÍN
INSCRIPCIÓNS PECHADAS