Festa de Fin de Curso 2021-2022
- 569 Views
- Anpa Rio Lerez
- 12 Xuño, 2022
- Festas
Xa está aquí a gran Festa de Final de Curso!
Tras estes dous anos tan “especiais”, por fin imos a celebrar unha Festa como as de antes. A Anpa Río Lérez preparou un montón de sorpresas para os nos@s cativ@s para este luns día 13 de Xuño pola tarde.
A partir das 17:00 teremos inchables de auga!! Parece que o día vai acompañar, así que traede os bañadores para pasalo bomba nestes inchables.
Teremos ao gran DJ Pita amenizando todo o evento e o colofón será de 19:30 a 20:30, coa celebración da gran Festa da Espuma.
Lembrade que @s soci@s da ANPA entrarán de balde e @s non soci@s deberán abonar 3 €. A entrada farase pola porta da Cruz Vermella.
A ANPA fará entrega tamén dun agasallo aos nen@s soci@s da ANPA de Sexto que rematan o cole.
Últimas Novas