Festa de Entroido da ANPA
- 637 Views
- Anpa Rio Lerez
- 6 Febreiro, 2020
- Sen categorizar
Xa temos aquí o entroido!! E na ANPA Río Lérez estamos a preparar unha gran festa para o venres 21 de febreiro, de 17 a 20 horas. Teremos ao gran DJ Pita para amenizala, con música e sorpresas. Ademáis, contaremos cun concurso de disfraces inclusivos que premiará aos disfraces máis orixinais e sorprendentes (tres categorías, Infantil, 1-2-3 de Primaria e 4-5-6 de Primaria) e xogos para a igualdade. A ver do que sodes capaces!!
Os de Sexto volverán a poñer merendas para financiar a súa excursión de fin de curso. E teremos nestas merendas postres típicos do Entroido.
A entrada é gratuíta para todas as familias socias da ANPA. Os non socios deben aportar 2€ por familia.
Non o dubidedes!! Vinde a desfrutar desta festaza!!
Últimas Novas