Festa de Entroido 2026
A ANPA Río Lérez quere convidarvos o vindeiro venres 13 de febreiro, de 17:30 a 20:00 horas, á Festa do Entroido no CEIP Manuel Vidal Portela. Unha tarde chea de alegría, disfraces e moita diversión para toda a comunidade escolar e as familias.
Teremos música e baile, xogos coa temática do Entroido, un supersorteo con premios especiais…Coma sempre tamén ofreceremos un espazo para as manualidades no Recuncho Chill, para que a rapazada poida relaxarse entre baile e baile decorando as súas propias máscaras de gato.Na festa poderedes disfrutar de merendas caseiras e bebidas, co obxectivo de recadar fondos para a excursión de 6º de primaria.
O acceso á festa será pola entrada da rúa Cruz Vermella. A entrada será gratuíta para socios da ANPA e cun custo de 5€ para non socios.
Non deixes pasar a oportunidade de gozar dunha tarde inesquecible con familia e amigos. Vémonos na Festa do Entroido!







