Facémonos eco das reivindicación da plaforma Loitar
- 40 Views
- Anpa Rio Lerez
- 23 Setembro, 2024
- Novas
Dende a ANPA Río Lérez, sumámonos e facémonos eco das reivindicacións que a plataforma Loitar ven de expoñer nas súas redes sociais:
Coa volta ó cole moitas familias da Plataforma Loita atópanse con sorpresas desagradables. Os menores NEAE teñen dereitos que ademais están recollidos na lei.
Por este motivo manteremos unha reunión coa Xefatura territorial de educación de Pontevedra o venres 27 de setembro, para plantexar as seguintes cuestións
1. Ratios por clase para alumnado NEAE
2. Ratio para coidadorxs e horas efectivas
3. Coidadores para o plan madruga ou comedor
4. Procedimento para solicitar a beca NEAE
5. Protocolo de actuación ante a ausencia de coidador dos menores e ante quen se reclama se sucede
6. Proceso de solicitude de coidador
7. Procedemento de avaliación das altas capacidades e dobles excepcionalidades (TEA+AACC, AACC+TDH ….)
8. Apoio a menores teñan ou non recoñecida a discapacidade ou dependencia
9. RECLAMACIÓNS!!!!!
Como xa sabedes a plataforma está para darlle voz a tódalas familias, así que se queredes que levemos a vosa reclamación á reunión escribide un correo expoñendo os problemas que hai no voso centro educativo e no asunto indicando EDUCACIÓN + PROVINCIA
POLXS QUE ESTÁN E POLXS QUE VIRÁN NON IMOS PARAR NUNCA!!!!
Instamos a todos os soci@s da nosa ANPA que se vexan nestas situacións a contactar con Loitar para que a súa voz sexa escoitada.