Éxito na Festa de Samaín!
- 337 Views
- Anpa Rio Lerez
- 1 Novembro, 2022
- Festas
Xa había ganas de voltar ás festas do ximnasio, e así se notou o venres. Moitísimos dos rapaces e pais do noso cole asistiron á Festa de Samaín, que abriu as celebracións deste novo curso. Con moitísimos e espeluznantes disfraces, @s peques pasárono de marabilla!
No que se refire ao concurso de disfraces, os gañadores foron:
- Mario López, na categoría de Infantil
- Rodrigo Seoane, na categoría de 1º,2º e 3º de Primaria
- E Valeria, Inés, Ruth e Noa, que formaron o “grupo Murgas” para facerse co premio de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Noraboa a tod@s e grazas a todos os presentes pola colaboración e o bo ambiente!
Últimas Novas