EXCURSIÓN EN FAMILIA FIN DE CURSO 2018/19
- 623 Views
- Anpa Rio Lerez
- 11 Marzo, 2019
- Excursions
EXCURSIÓN A ILLA DE SÁLVORA E CAMPING FIEITAS
4 DE MAIO
PLAN:
9:00 Saída do autobús do Pazo da Cultura ata o porto do Grove (Importante puntualidade e respeto aos horarios)
10:00 Saída do Porto do Grove a Illa de Sálvora:
- Duración aproximada da ruta en barco de 45/50 minutos
- Na Illa pódense facer duas rutas: Ruta do Faro ou Antiga aldea. Os que non fagan rutas poden quedar na praia. Non se recomendan as cadeiras de cativos polos camiños escarpados.
- Recorrido guiado. Tempo aproximado na Illa 3 horas.
14:00 Chegada ao Porto do Grove e traslado ao camping Fieitas
14:30 Chegada ao campin para comer. Comida non incluída. Tempo libre ata as 16:00
16:00 Realización de diferentes actividades
20:00 Regreso a Pontevedra, hora aproximada de chegada 20:45
ACTIVIDADES QUE OFERTA O CAMPING: kayak; Contrucción de vivacs; Xogos na praia; Snorkel; Padel Surf xigante; Circuíto multiaventura; Tirolina; Rocódromo; Senderismo; Gincanas; Rastrexo.
Dependendo do número de participantes e das idades realizaremos unhas ou outras actividades. A participación non é obrigatoria.
NORMAS DE INSCRIPCIÓN
É preciso anotarse con moita antelación polos permisos para visitar as illas e organizar as actividades.
Reserva de plaza no mail da anpa: anpamanuelvidalportela@gmail.com
É preciso nome e apelidos de todos e idades dos cativos.
Confirmada a reserva é preciso facer o pago por transferencia bancaria ES4520805405313000173202 ou no local da anpa (previo aviso). De non facer o pago non se reservará a plaza.
Coste da excursión, comida non incluída:
Socios 12€ adultos e 6€ nenos
Non socios 30€ por persoa
Os menores de 3 anos non pagan pero é preciso anotalos.
No caso de non poder asistir os pais os nenos poden ir acompañados dalgún familiar con precio de socio. Se van familiares a maiores estes pagarán como non socios.
Data límite de inscripción 5 de abril ou ata completar aforo. Por orden de inscripción.
Dudas no teléfono 655255953.