Día Internacional de Observación da Lúa
- 544 Views
- Anpa Rio Lerez
- 30 Setembro, 2019
- Novas
Este vindeiro sábado 5 de Outubro é o Día Internacional de Observación da Lúa. A Asociación Astronómica Sirio van a permitir a 120 persoas acceder ao telescopio do Observatorio de Cotobade.
Nesta xornada internacional para a observación da Lúa ,os inscritos poderán subir a cúpula do observatorio e observar a través do telescopio un obxecto do ceo .
Subirán a cúpula en grupos de 15 persoas para a observación dun obxecto dende o telescopio do observatorio.( aproximadamente uns 15 min por grupo)
Na contorna do observatorio haberá instalados varios telescopios onde se poderán ver máis obxectos do ceo, centrandonos na Lúa.
Faranse explicacións dos distintos aspectos deste corpo celeste.
Tamén se farán explicacións da observación do ceo a ollo.
Pódense facer as inscripcións neste enlace: https://www.eventbrite.es/e/entradas-dia-internacional-da-observacion-da-lua-73987361189
A ubicación do observatorio: https://goo.gl/maps/QGx7P8FwF7AosZ8c9
E toda a información do que se vai a observar: INOMN_NORTHERN_Hemisphere_2019sml_logos_castellano
INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE:
- É fundamental ir moi ben abrigados, fai moito frío na localización do Observatorio.
- Nen@s de 6 anos en adiante, acompañados dos pais e nais.
- 120 prazas dispoñibles.
- Hai que facer reserva para os nenos e os pais, en calquera dos dous turnos que haberá.
- A reserva é totalmente gratuíta. No observatorio, os que vaian e queiran poden facer unha contribución no peto común da asociación, pero non é obligatorio.