Confirmación de Extraescolares para o Curso 25-26
- 227 Views
- Anpa Rio Lerez
- 23 Setembro, 2025
- Actividades Extraescolares
Estimadas familias, as actividades que se impartirán no colexio este curso son:
Luns:
🤖 Robótica – 16:30 a 18:00 (de 6 a 12 anos)
🎨 Pintura – 16:30 a 18:00 (de 3 a 12 anos)
Martes:
✂️ Taller creativo – 16:30 a 18:00 (de 3 a 12 anos)
🎭 Teatro – 16:30 a 17:30 (de 3 a 12 anos)
Mércores:
🤸 Ximnasia Rítmica – 16:30 a 17:30 – (de 3 a 12 anos)
💂Ingles Lúdico – 16:30 a 17:30 (de 3 a 6 anos)
Xoves:
🛼 Patinaxe – 16:30 a 17:30 – Dous grupos: Iniciación (desde 5 anos) e Avanzado (ata 12 anos)
🍳 Cociña – 16:30 a 18:00 – (de 3 a 12 anos)
Horario (rógase puntualidade):
– Todas as actividades comezan ás 16:30
– As seguintes actividades rematan ás 17:30: Teatro, Ximnasia Rítmica, Inglés Lúdico, Patinaxe
– As seguintes actividades rematan ás 18:00: Pintura, Robótica, Taller Creativo, Cociña
IMPORTANTE: a entrada e entrega d@s alumn@s @s monitor@s para todas as extraescolares faise sempre pola porta principal do colexio (Av. de Bos Aires, diante da Ponte dos Tirantes).

A recollida do alumnado por parte das familias realizarase sempre nesa mesma porta principal, menos nas seguintes actividades, que entregarán aos nenos pola porta de saída do comedor: Pintura, Taller Creativo e Cociña
Tod@s os que vaian a ir ás extraescolares que se desenrolan no colexio deben:
- Encher este formulario e envialo e educaocioanimacion@hotmail.es: FORMULARIO
- Realizar o pago do Seguro de actividades (7 € por nen@ inscrit@) na conta bancaria da ANPA, indicando no Concepto: SEGURO ACTIVIDADES NOME DO NEN@
ES 45 2080/5405/31/3000173202 (ABANCA) - Enviar o xustificante de pago do seguro de actividades ao correo electrónico da ANPA (directiva@anpariolerez.es).
Para calquer consulta sobre as actividades extraescolares, enviade un correo electrónico a: educaocioanimacion@hotmail.es
Para consultas sobre o Seguro de Actividades, podedes contactar connosco en: directiva@anpariolerez.es
Grazas!








