Conciliaverán 2025
- 132 Views
- Anpa Rio Lerez
- 8 Maio, 2025
- Ludotecas
Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria) e que cubre todo o período de vacacións escolares, de xuño a setembro.
>> Para Secundaria ofreceremos o campamento deportivo no mes xullo
PRAZOS DE INSCRICIÓN PARA LUDOTECAS
- Presencial: no local da FANPA (Xan Guillermo, 9 – Pontevedra): os días 15, 16, 19 e 20 de maio de 9:00 a 14:00 horas. Poranse ordenadores e persoal a disposición para poder realizar a inscrición.
- Vía telemática: dende as 9:00 horas do 15 de maio ata ás 14:00 horas do 20 de maio.
Non se admitirán solicitudes por correo electrónico nin fóra dese tramo horario.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes farase unha baremación ces seguintes
criterios:
Situación escolar:
- Colexio público do concello de Pontevedra (12 puntos).
- Socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA (1 O puntos).
Situación socio-familiar:
- Alumnos/as empadroados no concello de Pontevedra (6 puntos).
- Dous ou máis fillos/as matriculados na mesma ludoteca e quenda (2 puntos).
Situación laboral
- Familia con dous proxenitores en situación laboral activa (20 puntos).
- Familia onde sé un proxenitor estea en situación laboral activa (1 O puntos).
- Familia monoporental en situación laboral activa (20 puntos).
En caso de empate de puntuación, adxudicarase a praza primeiro por socio/a de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA, despois por centro público e por último, por orde de inscrición.
O 10% das prazas están reservadas a Servizos Sociais do Concello.