Actividades para o mes de Decembro da ANPA Río Lérez
- 760 Views
- Anpa Rio Lerez
- 27 Novembro, 2019
- Novas
Estimadas familias,
A ANPA Río Lérez está organizando varias actividades para este mes de decembro:
- Obradoiro de adornos de Nadal: terá lugar no Comedor o venres 13 de Decembro pola tarde. Neste obradoiro, os nen@s aprenderán a facer adornos con materiais de manualidades. Levarase a cabo se se formar o grupo mínimo. Precio 2´50 € para socios e 5 € para non socios.
Inscripción antes do día 9 de decembro a través deste formulario.
PRAZO REMATADO
Se a actividade sae adiante (precísase número mínimo de participantes), notificarase aos interesados, que deben enviar por email a actividades@anpariolerez.es o xustificante de pago.
- Pekemusical de Nadal, que terá lugar o domingo 22. A ANPA volveu a contactar cos organizadores para conquerir algunha vantaxe, e se acadamos un grupo mínimo de 40 personas, realizarase. O prezo da entrada 10 € para socios e 13 € para non socios.
Inscripción antes do día 13 de decembro a través deste formulario. Catro entradas como máximo:
PRAZO REMATADO
Se a actividade sae adiante (precísase número mínimo de participantes), notificarase aos interesados, que deben enviar por email a actividades@anpariolerez.es o xustificante de pago.
- Dumbo. El musical: esta actuación será o venres 27. Levarase a cabo se se conforma un grupo mínimo. Prezo da entrada 8 € para socios e 10 € para non socios. Catro entradas como máximo.
Inscripción antes do día 13 de decembro a través deste formulario.
PRAZO REMATADO
Se a actividade sae adiante (precísase número mínimo de participantes), notificarase aos interesados, que deben enviar por email a actividades@anpariolerez.es o xustificante de pago.
- Mundonadal: Esta actividade ten lugar do 20 de Decembro ao 7 de Xaneiro. O que nos ofrecen os organizadores é unha visita para o noso grupo nunha data por elexir, na que poder desfrutar da pista de xeo, inchables… Prezo da entrada 4 € para socios. Catro entradas como máximo.