Actividade “Natación Extraescolar” 2024-25 en BeOne Campolongo
- 306 Views
- Anpa Rio Lerez
- 16 Setembro, 2024
- Actividades Extraescolares
Este ano BeOne Campolongo ofértanos prazas para unha actividade extraescolar de Natación, que terá como fin a familiarización e o inicio na aprendizaxe da natación, cun carácter lúdico, así como a práctica do exercicio físico no medio acuático.
Se che interesa, envía un email a: anpariolerezpiscina@gmail.com.
– Mínimo de 5 nen@s para poder formar o grupo.
– A actividade comezará o 1 de Outubro de 2024 e rematará o 31 de Maio de 2025.
Divídese en 2 cuadrimestres:
o Primeiro: 01/10/2024 ata o 31/01/2025
o Segundo: 03/02/2025 ata o 30/05/2025
– Séguese o calendario escolar, é dicir: se non hai clase, non hai actividade extraescolar.
– Tódolos nen@s virán conxuntamente acompañados por @s pais/nais e un responsable da ANPA.
Opcións de horario da actividade:
As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal de 45 minutos, a escoller entre:
o De Martes a Venres ás 15:45: nen@s que NON sepan nadar na piscina profunda
o De Luns a Venres ás 15:45: nen@s que SÍ sepan nadar na piscina profunda
o De Luns a Venres ás 16:30: nen@s que SÍ sepan nadar na piscina profunda
o Opción de abrir grupos ás 15:00 se se enche o resto
Nota: a piscina profunda é de 1,90m. Hai que poder facer un largo na piscina de 25m sen axuda para poder acceder a ela.
Prezo da actividade:
– O prezo é de 41,72 € por cada cuadrimestre, e farase por adiantado á ANPA.
Normativa da actividade:
– Tod@s @s nen@s han de traer de xeito obrigatorio: gorro, bañador, gafas e chanclas (no caso de usar escarpíns, non poderán meterse con eles na auga). Nas instalacións non dispoñen de material para préstamo, só unha tenda para mercalo.
– Cada nen@ terá á súa disposición unha taquilla individual. É responsabilidade dos pais/nais empregar un candado para a súa seguridade. Os bancos deberán de quedar baleiros mentres dura a actividade, as pertenzas ou se levan con uno mesmo, ou se gardan na taquilla.
– Idade mínima: @s nen@s deben estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º curso do 2º ciclo de Educación Infantil (nacidos no 2020 ou antes).
– Vestiarios de grupos: se @ nen@ vai acompañad@ dunha muller, deberá ir ó vestiario feminino, e se vai acompañad@ dun home, deberá ir ó vestiario masculino. Os menores de 7 anos poden ir ó vestiario feminino e as menores de 7 anos poden ir ó vestiario masculino. Só pode ser un adulto por nen@, que usará chanclas na zona de duchas e non permanecerá no vestiario mentres dure a clase (accederá 5 minutos antes de rematar a actividade).
https://beone.es/centers/campolongo
Últimas Novas