A FANPA retoma a xestión de comedores e Plan Madruga
- 732 Views
- Anpa Rio Lerez
- 5 Setembro, 2020
- Comedor e Madruga
Tralas reunión mantidas no día de onte e á espera de que a Xunta ratifique o protocolo de seguridade que se acordou, a FANPA (e polo tanto a ANPA do Vidal Portela, como membros da mesma) retomarán a xestión dos comedores e do Plan Madruga para este curso 20/21. A menor cantidade de nenos inscritos fai viable que nos espazos existentes se poidan levar a cabo ambos servizos, ademáis de que o novo protocolo permite reducir a distancia inicial entre escolares que proveñan da mesma aula ou burbulla “e a separación entre grupos mesmo se pode resolver instalando as mamparas que terán que adquirir os centros”. Outro avance importante foi que a Xunta se comprometeu a prestar o seu apoio para descargar á entidade das posibles responsabilidades derivadas dun brote de Covid-19.
O que hai que ter en conta é que se vai producir unha subida no prezo tanto do servizo de comedor como o Madruga. No comedor, unha tarifa mensual de 83 euros sube a 117. O Madruga, con almorzo, sube de 52 a 84. Quedamos á espera de posibles axudas ou subvencións que as administracións poidan levar a cabo, de cara a axudar ás familias que soliciten estes servizos. Tamén confirmamos que Comedor e Madruga non van comezar a servirse o día 10, tendo que esperar á aprobación do novo protocolo e a todas as labores de adecuación que tanto os centros como a empresa Arume teñan que levar a cabo para cumprilo.