Confirmación de Extraescolares para o Curso 2026-27
- 492 Views
- Carolina Vidal Fimia
- 29 Setembro, 2026
- Actividades Extraescolares
Estimadas familias, as actividades que se impartirán no colexio este curso son as seguintes (inda pendentes de confirmar as de Balonmán – Sociedad Deportiva Teucro e Atletismo – Sociedad Gimnástica de Pontevedra):
Luns:
🎪 Circo – 16:30 a 17:30 (de 3 a 12 anos) – Exodega
🎨 Pintura – 16:30 a 18:00 (de 3 a 12 anos) – Educaocio
Martes:
🎭 Teatro musical – 16:30 a 17:30 (de 3 a 12 anos) – Educaocio
🪩 Baile moderno – 16:30 a 17:30 (de 3 a 12 anos) – Educaocio
🏃♂️ Multideporte – 16:30 a 17:30 (de 3 a 6 anos) – Educaocio
Mércores:
🤸 Ximnasia Rítmica – 16:30 a 17:30 – (de 3 a 12 anos) – Educaocio
🛼 Patinaxe en liña – Club FSV – 16:30 a 17:30 – (de 4 a 12 anos) – Club Freestyle Slalom Vigo
🤖 PlayCode Academy (grupo de Primaria) – 16:30 a 17:30 – (de 6 a 12 anos) – PlayCode
Xoves:
🍳 Cociña – 16:30 a 18:00 – (de 3 a 12 anos) – Educaocio
🏃♀️➡️ Parkour – 16:30 a 17:30 (de 3 a 12 anos) – Exodega
As actividades comezan co mes de outubro, é dicir: o xoves 1 de outubro comezan Cociña e Parkour, o luns 5 comezarán Circo e Pintura, etc.
Engadiremos actualizacións sobre as actividades de Balonmán e Atletismo nos seguintes días.
IMPORTANTE: a entrada e entrega d@s alumn@s @s monitor@s para todas as extraescolares faise sempre pola porta principal do colexio (Av. de Bos Aires, diante da Ponte dos Tirantes):

A recollida do alumnado por parte das familias realizarase sempre nesa mesma porta principal, agás nas seguintes actividades, que entregarán aos nenos pola porta de saída do comedor: Pintura e Cociña.

SEGURO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Este curso o importe anual do Seguro de Actividades para cada alumn@ é o mesmo que o do ano pasado: 7 €.
É necesario abonar o importe para cada alumn@ que vai asistir a unha (ou varias) das actividades extraescolares que se desenvolverán no colexio durante este curso escolar. Non se poderá asistir ás extraescolares sen ter pagado este seguro.
A conta bancaria de ingreso é a da ANPA, a mesma que para a cota anual (lembrade que a conta da ANPA de Abanca quedou pechada):
Banco Santander
Asociación de nais e pais de alumnos Río Lérez
ES31 0049 7834 2821 1004 4381
- O importe é de 7 € por alumn@
- Indicade no Concepto que se trata do pago do seguro de actividades e o nome d@ nen@:
- Seguro Actividades NOME ALUMN@
- Enviade o xustificante de pago do seguro de actividades ao correo electrónico da ANPA: directiva@anpariolerez.es
Grazas por pagar o seguro; o voso aporte axuda a manter a seguridade e as regulacións para poder seguir ofertando actividades no colexio.
Para calquera consulta sobre as extraescolares ou o seguro de actividades, enviade un correo electrónico a: extraescolares@anpariolerez.es
SÓ PARA AS EXTRAESCOLARES DE EDUCAOCIO:
Para formalizar os detalles de pago e autorizacións, enviade un correo electrónico á dirección: educaocioanimacion@hotmail.es, achegando os seguintes documentos cubertos (podedes descargalos nas seguintes ligazóns):
IMPORTANTE: Comunicádevos directamente con Educacio para todo o relacionado coa inscrición nas súas actividades e a información sobre pagos, altas/baixas e cambios de actividade. Grazas.





