Actividade “Natación Extraescolar” 2026-27 en BeOne Campolongo
- 495 Views
- Carolina Vidal Fimia
- 15 Setembro, 2026
- Actividades Extraescolares
BeOne Campolongo oferta ós socios da nosa ANPA prazas para unha actividade extraescolar de Natación, que terá como fin a familiarización e o inicio na aprendizaxe da natación cun carácter lúdico, así como a práctica do exercicio físico no medio acuático. Esta actividade comezará o 1 de outubro.
Se che interesa, envía un correo electrónico a: anpariolerezpiscina@gmail.com coa seguinte información para cada nen@ que se quera apuntar:
- Nome e apelidos
- Idade
- Piscina pequena ou profunda? (principiante ou nadador/a con experiencia)*
- Día(s) e horario preferente(s) (ver a continuación; recomendamos engadir un día alternativo, por se non hai prazas no preferente)
*Nota: A piscina ten 1,90m de profundidade. Hai que poder facer un largo (25m) nela sen axuda para poder acceder a ela.
Horario:
– As actividades terán unha frecuencia de unha clase semanal de 45 minutos, neste horario:
- XOVES ás 15:45: Piscina pequena (para @s nen@s que NON sepan nadar na piscina profunda) e Piscina Profunda
Este ano BeOne só nos reserva este día e a esta hora. Se hai solicitudes fora dese horario, quedarán en lista de espera e só se inscribirán se sobran prazas despois do 21 de setembro.
– Non se aceptarán baixas a partir do primeiro día do comezo das clases: xoves 1 de Outubro no primeiro cuatrimestre e luns 1 de Febreiro no segundo cuatrimestre. Antes de ese prazo, aceptaranse as baixas sempre que o grupo non baixe d@s 5 nen@s que hai que ter como mínimo.
Prezo da actividade:
– O prezo é de 41,72 € por cada cuadrimestre, e farase mediante transferencia á conta da ANPA Río Lérez (ATENCIÓN – A conta é diferente da do curso pasado: Banco Santander – ES31 0049 7834 2821 1004 4381) antes de que comece o cuatrimestre.
– Ver máis información sobre os pagos na Normativa adxunta.
Calendario:
– A actividade comezará o xoves 1 de outubro de 2026 e rematará o venres 29 de maio de 2026.
Divídese en 2 cuadrimestres:
- Primeiro: 01/10/2026 ata o 29/01/2027
- Segundo: 01/02/2027 ata o 31/05/2027
– Séguese o calendario escolar, é dicir: se non hai clase, non hai actividade extraescolar.
– Tódolos nen@s virán conxuntamente acompañados por @s pais/nais/tutores.
Normativa da actividade:
– Tod@s @s nen@s han de traer de xeito obrigatorio: gorro, bañador, gafas e chanclas (no caso de usar escarpíns, non poderán meterse con eles na auga). Nas instalacións non dispoñen de material para préstamo, só unha tenda para mercalo.
– Cada nen@ terá á súa disposición unha taquilla individual. É responsabilidade d@s pais/nais empregar un candado para a súa seguridade. Os bancos deberán de quedar baleiros mentres dura a actividade, as pertenzas ou se levan con uno mesmo, ou se gardan na taquilla.
– Idade mínima: @s nen@s deben estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º curso do 2º ciclo de Educación Infantil (nados no 2022 ou anos anteriores).
– Vestiarios de grupos: Hai dous vestiarios para o uso de ANPAS e CLUBES: “familias e grupos”, un masculino e un feminino. Se @ nen@ vai acompañad@ dunha muller, deberá ir ó vestiario feminino, e se vai acompañad@ dun home, deberá ir ó vestiario masculino. Os menores de 7 anos poden ir ó vestiario feminino de grupos e as menores de 7 anos poden ir ó vestiario masculino de grupos. Só pode ser un adulto por nen@, que usará chanclas na zona de duchas e non permanecerá no vestiario mentres dure a clase (accederá 5 minutos antes de rematar a actividade).
Contacto BeOne (as inscricións só poden facerse mediante o email da ANPA, esta información é para consultas con BeOne):
– Rebeca González – 986 863 855 – rportela@beone.es
– Para todo lo relacionado con facturas: begonafernandez@beone.es
https://beone.es/centers/campolongo






