Inscrición nas actividades extra escolares para o Curso 26-27
- 2158 Views
- mnovas
- 14 Setembro, 2026
- Actividades Actividades Extraescolares
Deixámosvos nesta entrada as instrucións para facer as vosas inscricións nas actividades extra escolares de cada empresa/club deportivo para o curso 2026-2027.
Lembramos que todas estas actividades extraescolares son exclusivas para o alumnado socio do ANPA e que, no caso daquelas que se desenvolvan dentro das instalacións do colexio, requírese abonar a participación no seguro de actividades, unha vez confirmado o inicio das extraescolares.
Recomendámosvos que comentedes nos vosos grupos de WhatsApp de cada clase que actividades vos interesan; adoita pasar que peques da mesma clase apúntanse a unha mesma actividade e conséguense sacar grupos con maior facilidade.
O luns 21 de setembro informaremos da maioría das actividades que cobren o número mínimo de prazas e polo tanto saen definitivamente. Neses días haberá un tempo para facer os cambios necesarios e escoller outras actividades, se as primeiras opcións non foron posibles.
As actividades comezarán no mes de Outubro. Todas se desenrolarán nas instalacións do colexio, salvo que se especifique o contrario nas súas instrucións.
Podedes ver o calendario previsto nesta ligazón ( https://shorturl.at/eRWuU ) ou nesta imaxe:

EDUCAOCIO
Contacto: 622 522 709 – educaocioanimacion@hotmail.es
Inscrición: Mediante e-mail – Ata o 18/09
Enviade un correo electrónico a educaocioanimacion@hotmail.es cos vosos datos de contacto (teléfono e dirección de correo electrónico) e a seguinte información por cada nen@:
Nome:
Curso: (p. ex. 4º de Infantil, 2º de Primaria)
Actividades elexidas:
Actividades:
Podedes consultar as actividades ofertadas nas seguintes ligazóns:
Actividades_Educaocio_1
Actividades_Educaocio_2
A partir do luns 21, unha vez que se confirmen os grupos e que saian as actividades (informarémosvos mediante Abalar, email e Telegram), haberá que enviar outro correo electrónico á mesma dirección, achegando os seguintes documentos cubertos (enviarávolos Educaocio, pero tamén podedes solicitalos á ANPA):
– Inscrición domiciliación bancaria
– Autorización familiar
– Só para COCIÑA: Autorización alerxias
EXODEGA
Contacto: exodega@gmail.com – 645 820 009
Web: https://exodega.es/
Inscrición:
Mediante app: TokApp School co código de centro: LEREZ26 (ver dossier adxunto) – Ata o 25/09
https://tokappschool.com/ – info@tokapp.com
Actividades:
🎪 Circo – Infantil e Primaria – Luns 16:30 – 17:30 – 17 €/mes
🏛 Arquitech Game – Primaria – Luns 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
🔬 Funny Science – Primaria – Martes 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
🛹 Skate – Primaria – Martes 16:30 – 17:30 – 17 €/mes
🍂 Little Explorers – Infantil e Primaria – Mércores 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
🎸 Guitarra – Infantil e Primaria – Mércores 16:30 – 17:30 – 17 €/mes
👾 Deseño de videoxogos – Primaria – Xoves 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
🤸 Parkour – Infantil e Primaria – Xoves 16:30 – 17:30 – 17 €/mes
PLAYCODE ACADEMY – (Robótica, programación, drons, impresión 3D, etc.)
Contacto: 633 232 386 – info@playcodeacademy.com
Web: http://playcodeacademy.com
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=tbAjVcYFvks
Inscrición:
En liña, mediante a seguinte ligazón – Ata o 24/09
https://drive.google.com/file/d/1ARDQnr60Mcj9NHi46LMhXuL8tjNjQcRs/view
Actividades:
1) Programación e Robótica – Infantil – Xoves 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
2) Programación e Robótica – Primaria – Mércores 16:30 – 17:30 – 22 €/mes
BALONMANO – SOCIEDAD DEPORTIVA TEUCRO
Contacto: sdteucro@teucro.es
Web: www.teucro.es
Inscrición: Mediante e-mail – Ata o 24/09
Enviar correo electrónico a sdteucro@teucro.es confirmando inscripción de alumn@ do Manuel Vidal Portela, incluíndo datos de contacto e idade d@ peque.
Monitor/a: Entrenador/a titulado/a do club SD Teucro.
Actividade:
* Balonmano – 3º a 6º de Primaria – Mércores 16:30 – 17:30 – 10 €/mes
* Se houbese suficiente demanda, poderíase formar un grupo separado para 1º e 2º de Primaria.
Consistirá no ensino e práctica do balonmán nas instalacións do colexio, orientado á iniciación, o desenvolvemento físico, a coordinación e o traballo en equipo, mediante adestramentos dinámicos e adaptados á idade. O alumnado aprenderá valores como o compañeirismo, a disciplina e o respecto mentres desfrutan do deporte de forma divertida e educativa.
Actividades complementarias:
Día extras (venres) voluntarios para participantes na actividade, no Pavillón Multiusos da Xunqueira, en formato liga interescolar, realizando partidos de minibalonmano.
PATINAXE EN LIÑA – CLUB FSV (Freestyle Slalom Vigo)
Contacto: 663 500 983 – patinajefsv@gmail.com, info@clubfsv.es
Web: www.clubfsv.es
Inscrición:
En liña, mediante a seguinte ligazón – Ata o 24/09
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe01SxDe7ZJM4wTgLABqAvS-gFfVnGVsQUcJKn9B0TNpNiSQg/viewform
Actividade:
* Patinaxe en liña – Iniciación e Perfeccionamento – Infantil e Primaria
Luns e/ou mércores – 16:30 – 17:30 – 17 €/mes por un día ou 25 €/mes por dos días á semana
Xornada gratuita de presentación da extra escolar
Ven a disfrutar da patinaxe en liña! 🛼Para todo o alumnado (a partir de 4 anos):
Mércores 16 setembro – de 16:30 a 17:30 – Pavillón cuberto do colexio.
Traer: patíns, proteccións, casco. Se aínda non tes patíns, deixámosche uns para esta presentación: Chámanos!
Información: 663 500 983 – E-mail: patinajefsv@gmail.com
ATLETISMO – SOCIEDAD GIMNÁSTICA DE PONTEVEDRA
Contacto: 685 542 802 – info@sgpontevedra.com
Web: www.sgpontevedra.com
Inscrición: Mediante app: Cluber co código de centro: CEIP Vidal Portela AMPA (ver dossier adxunto) – Ata o 25/09
Grupos:
* 6º Infantil e 1º Primaria: Instalacións do colexio – Luns e Mércores 16:30-17:30 – 17 €/mes
* 2º e 3º Primaria – Pista do CTGD – Luns e Mércores 16:30-17:30 – 19 €/mes
* 4º, 5º e 6º Primaria – Pista do CTGD – Martes e Xoves 17:30-18:45 – 19 €/mes






