O Servizo de Comedor e Madruga comezará o 5 de Outubro
- 783 Views
- Anpa Rio Lerez
- 28 Setembro, 2020
- Comedor e Madruga
COMUNICACIÓN DO INICIO DOS SERVIZOS DE MADRUGA E COMEDOR
Unha vez producida a validaciónpor parte da Xunta do protocolo para os servizos de madruga e comedor redactado por FANPA, anunciamos que os servizos comezarán o vindeiro luns día 5 de outubro nos centros públicos dos concellos de Pontevedra e Marín que os teñen xestionados por FANPA.
Agradecemos ás ANPA o apoio prestado nestas semanas, mentres se facía todo o posible por acadar as condicións necesarias para a prestación dos servizos nunhas condicións axeitadas. Tamén agradecemos ás familias apaciencia mostrada fronte a incógnita do inicio destes servizos tan necesarios para a conciliación.
Nestes días ata o inicio do servizo, FANPA e ARUME levaremos a cabo as tarefas necesarias para implementar o protocolo nos madruga e comedores xestionados, coordinando as medidas recollidas nel coas direccións dos centros onde se prestan os servizos.
Os prezos dos servizos sen aplicar as subvencións serán:
Estamos ultimando os prezos definitivos dos servizos aplicando a subvención e os faremos públicos o antes posible.
Pontevedra, 28 de setembro de 2020