Aberto a partir do 10 de Agosto o prazo para a inscripción no Comedor Escolar
- 946 Views
- Anpa Rio Lerez
- 6 Agosto, 2020
- Comedor e Madruga
Trala reunión mantida este mércores entre Representantes da Consellería de Educación e da FANPA, chegouse ao acordo para abrir o vindeiro luns 10 de agosto o prazo para que os alumnos se inscriban nos comedores escolares.
Deste xeito farase un censo dos alumnos que van precisar este servizo para analizar as necesidades reais do comedor escolar e establecer as condicións que garantan o desenvolvemento desta actividade con seguridade sanitaria. A finais de Agosto ou comezos de Setembro terá lugar unha nova reunión entre FANPA e Xunta, na que se tentarán de resolver as dúbidas e problemas que poidan xurdir ante a demanda do Comedor e o cumplimento do protocolo para que os centros de ensino se adapten á situación de emerxencia sanitaria provocada pola Covid-19 e poidan ofertar este servizo.
Aquí vos deixamos o modelo para a solicitude de praza: FANPA_FICHA_DEFINITIVA
Remitir a ficha cuberta íntegramente a ARUME ao email info@arumeservicios.gal ou por fax ao nº 986 454 013.