Prezos Definitivos con Subvención para o Madruga e o Comedor
- 735 Views
- Anpa Rio Lerez
- 2 Outubro, 2020
- Comedor e Madruga
Despois das reunións mantidas nos últimos días entre a FANPA e Arume, e incorporando a subvención que o Concello da para estes servizos, podemos anunciar xa os prezos definitivos que estes servizos terán para este curso 20/21.
MADRUGA | COMEDOR | ||
---|---|---|---|
Por semana | Con almorzo | Sen almorzo | _ |
5 días/sem | 52,61 | 37,80 | 83,55 /mes |
4 días/sem | 42,09 | 30,24 | 66,84 /mes |
3 días/sem | 31,57 | 22,68 | 50,13 /mes |
2 días/sem | 21,04 | 15,12 | 33,42 /mes |
1 día/sem | 10,72 | 7,56 | 16,71 /día |
Esporádicos | 4,05/día | 3,20 /día | 6,40 /día |
Táboa prezos por mes e IVE incluído: Comedores en Pontevedra 2020-2021
Descontos por
Segundo irmán (sendo ambos usuarios): 5% no servizo do máis novo
Familia numerosa (sen mínimo 3 usuarios): 10% no servizo de cada un
Modalidades de contratación:
(1) Fixo: Servizo días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada ao lado, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.
(2) Calendario de días ou Turno laboral: Servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.
(3) Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.
(4) COVID-19: Os prezos poderán sufrir alteracións unha vez se dean a coñecer as medidas definitivas implantadas polas autoridades para a prevención de contaxios do COVID-19.