Organización Comedor e Madruga no Manuel Vidal Portela.
- 966 Views
- Anpa Rio Lerez
- 2 Outubro, 2020
- Comedor e Madruga
Xuntamos nesta entrada a información específica respecto do funcionamento propio e adaptado dos protocolos do Comedor e do Servizo de Madruga do Colexio Vidal Portela, que comezarán o vindeiro luns, 5 de Outubro.
- PLAN MADRUGA: Lugar de entrada, o que se estaba a usar e no mesmo horario do ano pasado: as escaleiras do Comedor. Estas escaleiras están, vendo o Colexio dende a Ría, na zona central entre os dous párkings, a partir das 7:30 da mañán. Os horarios de almorzo serán segundo a ficha de inscripción en Arume.
- COMEDOR: O horario do comedor comeza ás 14:00. Para as recollidas, realizaranse pola mesma porta indicada no Plan Madruga (a entrada que está entre os dous párkings, na parte frontal do edificio), en horario ininterrumpido de 15:30 a 16:30. Non está permitido acceder ao recinto, timbrarase e o persoal de Arume será quen entregue ao alumn@.
As listaxes entregadas por Arume cos usuarios están sendo actualizadas por parte da empresa. En principio, todos os usuari@s que enviaron a solicitude no prazo establecido teñen a súa praza. Arume fará unha comunicación vía e-mail confirmando esta inscripción, e poñen á disposición o seu e-mail info@arumeservicios.gal para quen o desexe, confirme que está inscrito.
Dende a ANPA Río Lérez lamentamos non poder publicar as listaxes dos nen@s admitidos para non incumplir a Lei de Protección de Datos. Calquera dúbida ou consulta pode ser resolta a través do noso e-mail ou teléfono de contacto.
Grazas a todos pola vosa colaboración!!