SOLICITUDE DE MATRÍCULA CARA Ó VINDEIRO CURSO 2021-2022
- 742 Views
- Anpa Rio Lerez
- 17 Marzo, 2021
- Novas
INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO CURSO ESCOLAR 2021-2022
Normativa:
• Decreto 254/2012, do 13 de decembro que regula a admisión de alumnado (Dog nº 245 do 26 de decembro de 2012)
• Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento de admisión de alumnado (DOG nº 53 de 15 de marzo de 2013)
• Orde do 25 de xaneiro de 2017 (modifica Orde 12 de marzo de 2013), pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG nº 22 de 1 de febreiro de 2017)
• Orde do 18 de decembro de 2020 (modifica Orde 12 de marzo de 2013), pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG nº 256 de 22 de decembro de 2020)
A Dirección do C.E.I.P. Manuel Vidal Portela pon en coñecemento de tódolos/as pais e nais de alumnos/as interesados/as en matricular alumnos/as novos neste centro, que dende ó 01 de marzo de 2021 ata ó 22 de marzo de 2021, ambos incluídos, poden presentar solicitudes de admisión na secretaría do centro, de 9 a 14 horas.
1 Os impresos de solicitude (ED550B) serán facilitados gratuitamente na secretaría do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados , na aplicación <admisionalumnado> https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou na nosa páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelvidal,
2 Cada solicitante presentará na secretaría do centro que pide en 1º lugar unha única solicitude. Presentar solicitudes en máis dun centro determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
3 DOCUMENTACIÓN
• Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta
• Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a ( Libro Familia, DNI, …)
• Certificado oficial do expediente académico, no seu caso ( Agás alumnado de 4º de E. Infantil)
• En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
No caso de separación ou divorcio a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
BAREMACIÓN
Cando o número de solicitudes supere o número de prazas, os solicitantes deberán presentar a documentación necesaria para acreditar os criterios de baremo entre o 25 de marzo 2021 e o 12 de abril de 2021 ( Na páxina web do Centro e no taboleiro de anuncios publicaremos os cursos para os que sexa necesario baremar; tamén poden consultalo chamando ao teléfono 886 151 937)
- A lista provisional de alumnado admitido farase pública o 23 de abril (Prazo de reclamación: 26 de abril ao 30 de abril 2021).
- A lista definitiva de alumnado admitido farase o 14 de maio de 2021.
4 A partir da data de publicación da lista definitiva de admitidos os/as pais e nais teñen un mes de prazo contado a partir do día seguinte a súa publicación, para facer reclamacións ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. (recurso de alzada).
5 O alumnado matriculado neste centro e que presente solicitude de admisión noutro centro distinto, ten a obriga de remitirnos unha copia da solicitude presentada. (Artigo 9 punto 3 da Orde 12 de marzo de 2013)
6 As solicitudes fóra de prazo ( do 23 de marzo ao 18 de maio) presentaranse no centro elixido como 1ª opción.
7 PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Entre o 20 e o 30 de xuño de 2021. Os impresos de matrícula (anexo III da Orde do 12 de marzo de 2013) serán facilitados na secretaría do centro.
Documentación a presentar para formalizar a matrícula:
• Certificado ou informe médico. (non é necesario que veña no papel oficial).
• 2 fotos recentes tamaño carné.
• Copia da tarxeta sanitaria.
• Certificado de matrícula (agás alumnado de 4º infantil)
• En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación
< admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) Utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante
Pontevedra, 01 de marzo 2021
A DIRECCIÓN
ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP MANUEL VIDAL PORTELA
ÁREA DE INFLUENCIA
Perímetro:
• Río Lérez dende travesía da Galera ata a ponte do ferrocarril
• Vía do ferrocarril dende a ponte sobre o Lérez ata a intersección coa rúa Prado Novo
• Rúa Prado Novo ata a intersección con Ángel Amor Ruibal (ambas as beirarrúas)
• Rúa Ángel Amor Ruibal (beirarrúa oeste)
• Rúa Doutor Loureiro Crespo dende Ángel Amor Ruibal ata Casimiro Gómez (beirarrúa norte)
• Rúa Casimiro Gómez ata a intersección con San Antoniño (beirarrúa leste)
• Rúa San Antoniño (beirarrúa norte)
• Rúa Perfecto Feijoo (beirarrúa leste)
• Rúa Santa Clara (beirarrúa norte)
• Rúa Padre Sarmiento (beirarrúa norte)
• Rúa Sabela II (beirarrúa norte)
• Rúa Arcebispo Malvar (beirarrúa leste)
• Travesía da Galera (beirarrúa leste)
Dentro deste perímetro inclúe as rúas:
Praza das Regas, Ramón Cabanillas, Forcarei, Ernesto Caballero, José Malvar, A Seca ata cruce coa vía do tren, Doctor Fléming,Francisco Añón,do Pozo, Rúa do Mare ata a vía do tren, Av. de Bos Aires ata a ponte do tren,Av. de Uruguai ata a travesía da Galera, Amado Carballo,Casimiro Gómez ata Fernando Olmedo, Isidoro Millán Mariño, Altamira, Antón Villar Ponte, Padre Fernando Olmedo, Padre Gaite, Camiño vello de Castela,Álvaro Cunqueiro, Cruz Vermella, Salustiano Portela, Irmáns S. Buhigas, Praza da Castaña, Padre Amoedo, Arcos de San Bartolomé, Padre Isla, Rúa Pedreira, Praza da Pedreira, Gregorio Fernández, Rúa Sierra, Rúa Hermida, César Boente, Xulio Camba, San Xulián, Cousiño, Rúa do Arco, Rúa Real dende cruce con Padre Sarmiento, Praza García de la Riega, García Escudero, Praza de Valentín García Escudero, Rúa da Ponte, Maceda, San Nicolás, Rúa do Barón, Violiña, San Telmo, Praza do Peirao, Sor Lucía, San Martiño, Pratería Vella, Tristán de Montenegro, Eirado de Alvar Páez, Campillo, Formigueira e Martín Fervén.
ÁREAS LIMÍTROFES
Son áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEP Marcos da Portela, EEI Fina Casalderrey, CEIP de Vilaverde – Mourente, CEIP Álvarez Limeses, CEIP Praza de Barcelos, CEIP Froebel, CEIP Xunqueira nº 1 e CEIP Xunqueira nº2.
HORARIO ESCOLAR: de 9 a 14h.
PLAN MADRUGA: SI
COMEDOR: SI
TRANSPORTE ESCOLAR: NON
ADSCRITO AO INSTITUTO A XUNQUEIRA II
Máis información aquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelvidal/node/555