A Festa de Samaín, un éxito!
- 886 Views
- Anpa Rio Lerez
- 31 Outubro, 2019
- Festas Novas
Na tarde de onte tivo lugar no Ximnasio do Colexio a Festa de Samaín organizada pola ANPA, na que tanto os pequenos como os non tan pequenos o pasaron en grande. Foi un auténtico éxito, con moitísimos rapaces e pais desfrutando dunha tarde xuntos, coa gran amenización do DJ Álex Pita e un ambiente inmellorable.
Tivemos ademáis desta gran amenización pintacaras, unhas merendas deliciosas por parte dos de Sexto e dous gañadores do concurso ao disfrace máis terrorífico, que foron para Uxía en Infantil e Nico en Primaria.
Dende a ANPA queremos agradecer a todas as persoas que colaboraron e fixeron posible esta festa. Este tipo de celebracións son fundamentais para xerar e reforzar a comunidade entre os rapaces de distintos cursos e para fomentar a colaboración entre todas as entidades que rodean ao Vidal Portela: pais e nais, ANPA, Dirección… A colaboración e participación de todos, tanto á hora de aportar traballo, tempo ou simplemente o feito de facerse socios, é moi importante, polo que seguimos solicitando dende a ANPA a colaboración de tod@s!!
Agora, a comezar a preparar máis actividades e sobre todo, a Festa do Nadal, que agardamos sexa tamén outro éxito rotundo.