Acta Asamblea 19 Xuño 2024
- 611 Views
- Anpa Rio Lerez
- 23 Xullo, 2024
- Actas
Pontevedra a 19 de xuño de 2024 celébrase ás 18:00 h, en primeira convocatoria, no salón de actos de colexio, a Asamblea ordinaria da anpa “ RIO LEREZ”.
Estando presentes un total de 21 persoas, 7 que forman o equipo directivo, mais 14 pais e nais, comézase cunha presentación dos membros da ANPA, e explicación do carácter anual das reunións, onde acude de xeito habitual moi pouca xente, o que provoca unha desmotivación ao equipo actual da ANPA.
Posteriormente procédese a seguir a ORDE DO DIA establecida na convocatoria:
1.- LECTURA ACTA ANTERIOR:
Fíxose un resumo do acta anterior que tivo lugar en febreiro de 2023:
– Só se uniu un novo membro nesa ocasión.
– Volveuse a incidir en que a ANPA xestiona a organización do Plan Madruga, do comedor ( con 192 usuarios, o maior de Pontevedra), as actividades extraescolares e a contratación do seguro de responsabilidade necesario para o seu desenrolo, festas do colexio, etc.
– Recálcase que se non houbese ANPA, non se poderían ofrecer ningún dos anteriores servicios no Centro Escolar.
– A FANPA estaba analizando a posibilidade de pasar o comedor a liña quente, pero implicaría moitos cambios a nivel loxístico, elevaría o coste do servizo, etc. É un tema no que se segue a traballar.
– Fálase tamén da inversión para patio dinámico: había un proxecto global para a mellora e desenrolo para un maior disfrute dos rapaces. Para isto o colexio ten un presuposto, pero pide tamén colaboración económica por parte da ANPA.
Non manifestando nada en contra os asistentes, dase aprobada por unanimidade.
2.- CONTAS:
A Tesoureira informou dos ingresos por cuotas ( 2.880 euros) gastos en festas (2570 euros), sendo o saldo no momento da reunión de 1.569,80 euros. A falta de pagar a festa de fin de curso.
Comenta os destinos aos que vai o saldo da cuota dos socios:
– De media a ANPA paga uns 600 euros de seguro ao ano. Cubre tanto os accidentes que poidan ocorrer durante as extraescolares como no transcurso das festas. Coméntase que varias familias non pagaron o seguro en anos anteriores, aínda tendo aos fillos en extraescolares, polo que este ano, farase un control detallado para que non sucedan este tipo de situacións.
– A partir de este ano establecerase unha liña telefónica exclusiva para a ANPA, para evitar o uso de números persoais para comunicacións e xestións.
– Infórmase de que os gastos relativos a comisións bancarias, que se sitúan en 228,30 euros anuales, tras a subida anual. Solicita aos asistentes ideas sobre cómo intentar reducir esta cantidade.
3.- NORMAS PARKING:
Recórdase que as norma , incluíndo o punto en que se indica que só se entregan tarxetas ata 2º de Primaria, están detalladas na páxina web da ANPA.
Entréganse máis de 100 tarxetas ao ano, para as pouquísimas plazas dispoñibles no centro. Esto provoca moitos problemas entre os usuarios, existindo casos nos que se deixa o vehículo aparcado durante máis de 15 minutos ou incluso marchando a facer xestións fora do recinto. Solicítase a comunicación de calquera irregularidade observada polos usuarios con tarxeta, para que se poidan levar as accións oportunas para retirar as tarxetas aos usuarios reincidentes que incumplan as normas establecidas.
Acórdase igualmente, que as normas vaian impresas pola parte de detrás das tarxetas que se entreguen.
4.- MULTA PARKING (votación)
A Presidenta propuso que a ANPA compensase económicamente a unha familia que foi multada con 100 euros por aparcar no horario de recollida do comedor, baixo circunstancias excepcionais a pesar de non estar infrinxindo as normas.
Con 6 votos a favor , 7 en contra e 8 abstencións, rechazouse a proposición.
5.- RESUMO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
Coméntase un pouco as extraescolares que se ofrecen e plantéxase que só estén dispoñibles para socios.
Anímase a todas las familias a enviar propostas de actividades da ANPA, para poder estudialas con tempo e conseguir opción a organizalas.
6.- FESTAS:
Fálase das festas que se realizan ao longo do todo o curso, que se levan a cabo por iniciativa ou colaboración da ANPA.
7.- CUOTA SOCI@S:
A ANPA, quere levar a cabo algún cambio, para que as ventaxas de ser socio en contra de non selo, sexan visibles, evidentes e notorias, coa finalidade de que unha ampla maioria colabore.
O equipo directivo do colexio considera “discriminatorio” obligar ás familias a asociarse á ANPA para poder usar os servicios de madruga e/o comedor, que sería unha das medidas máis visibles. Decídese non establecer esta “condición”.
Vótase para facer exclusivas a expedición das tarxetas de aparcamento e a inscripción en actividades extraescolares a SOCIOS DA ANPA, a partir do novo curso. Quedou aprobado por maioría.
Coméntase que somos unha das ANPAS coa cuota máis baixa. De igual modo, fálase, de que incluso a final de curso, cando veñen os plazos de solicitar as escolas de verán, danse de alta novos socios, o que complica a xestión de esas altas fóra do plazo inicial do curso, de cara á organización de equipo que forma a ANPA. Decídese mantela este ano igual e vótase para manter a cuota a 20 euros para familias que se fagan socias antes do 31 e Decembro. Aumentando a cuota a 40 euros aos que o soliciten a partir do mes de Xaneiro. Quedou aprobado por maioría.
8.- FAMILIAS COLABORADORAS:
Explicouse que o covid supuxo un trastorno ao sistema organizativo para as tarefas da ANPA. Antes organizabanse máis actividades (p.ex.: comprar entradas para teatro).
Trasládase aos asistentes que calquera axuda ou proposta colaborativa por parte dos socios é benvida. Poden apuntarse como colaboradores a través de formulario disponible na páxina web da ANPA.
9.- ROGOS E PREGUNTAS:
Un pai mostrou preocupación por ver falta de control nos patios por parte do profesorado, relacionado coa facilidade de acceso ao recinto dende o exterior. Proponse ter que utilizar sempre o telefonillo para acceder ao centro durante horas lectivas. Ahora mesmo está fóra de uso e indícase que se comentará este punto co Centro.
A presidenta explicou que a ANPA solicitou presupostos para un viaxe de fin de curso , pero por falta de recursos e tempo non se pudo cerrar ningunha contratación. Proponse realizalo en Setembro.
En Setembro organizarase unha nova reunión coas familias na que se volverán a explicar as función, ventaxas e retos da ANPA.