Pais Colaboradores

Neste novo curso, constituíse unha nova Directiva dentro da ANPA, pero como se comentou nas distintas reunións levadas a cabo no que vai de curso, a chave para o bo funcionamento desta institución está na colaboración de todos os [email protected] da mesma.

Ter unha directiva é un requisito legal para constituír a ANPA, pero non pertencer a esta directiva non é excluínte para participar en todas as tarefas que a ANPA quere sacar adiante: actividades, talleres, cursos, festivais, concursos, melloras nas instalacións… hai moitísimo traballo!! 

Por iso, habilitamos este formulario no que calquera se pode sumar como “pai/nai colaborador/a”, ou como voluntario, de cara a axudar en calquera das actividades que se queiran sacar adiante. Reiteramos: non é preciso formar parte da Directiva para ser un activo importante no funcionamento da ANPA. E ese debe ser o obxectivo final, que todo o mundo colabore e aporte, dentro das súas posibilidades, de cara a acadar un resultado óptimo en todo o que se queira sacar adiante.

E claro, tamén estamos abertos a calquera suxestión, idea ou proxecto que teñades para mellorar todos os aspectos que forman parte da educación dos [email protected] [email protected] Así que xa sabedes, a ANPA precisa de todos vos!!!

¡QUERO COLABORAR!